The Sims 3

The Sims 3
Desenvolvedor(es)The Sims Studio
Maxis
Visceral Games
EA Play
EA Black Box
Distribuidora(s)Electronic Arts
Director(es)Rod Humble
Produtor(es)Ben Bell
Compositor(es)Steve Jablonsky
MotorCryENGINE 3
Versión1.55
LanzamentoAUS=5 de xuño de 2009

NA=2 de xuño de 2009

EU=4 de xuño de 2009
XéneroSimulación social
Modos de xogoUn xogador
ClasificaciónESRB=

PEGI=

OFLC=

USK=

BBFC=

Apple=12+
Plataforma(s)Microsoft Windows, Mac OS X, iOS, Android, Windows Phone, Xbox 360, PlayStation 3, Wii, Nintendo DS, Nintendo 3DS, bada, BlackBerry, N-Gage 2.0
Formato(s)DVD, descarga
RequisitosWindows
ControisRato, teclado, DualShock, Control Xbox 360
SerieThe Sims
Na rede
https://www.thesims3.com
IMDB: tt1176737 Youtube: UC6XBhP_woYOMJAvZ9tfRdhg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Sims 3 é un videoxogo de simulación social e estratexia da franquía The Sims, orixinalmente creado por Maxis e desenvolvido por Electronic Arts, para PC e Mac. Trátase da terceira entrega da popular serie The Sims (posterior ao videoxogo The Sims 2). Foi anunciado nunha entrevista de Electronic Arts en novembro de 2006 e lanzado o 2 de xuño de 2009 nos Estados Unidos, e o 26 de outubro de 2010 para as consolas Xbox 360, PlayStation 3, Wii e Nintendo DS.

O videoxogo tivo un éxito inmediato. Foron vendidas máis de 1,4 millóns de copias na súa primeira semana, dominando todas as listas de vendas.[1] As críticas foron na súa maioría positivas; The Sims 3 obtivo unha puntuación de 86% en Metacritic.[2] Actualmente non está dispoñible en galego .

Saída ao mercado

Saíu en DVD para Microsoft Windows e en CD para Macintosh o 2 de xuño de 2009 en América do Norte, o 4 de xuño en Australia e o 5 de xuño en Europa. O xogo vendeu 1.400.000 exemplares na súa primeira semana de distribución. Existen versións tamén para iPhone, iPod Touch, Blackberry e para móbiles.

Características

The Sims 3 realizouse cos mesmos conceptos que os seus precursores: os xogadores controlan os Sims en varias actividades e forman relacións de xeito semellante á vida real. The Sims 3 como The Sims e The Sims 2, carecen dun obxectivo definido.

Sistema de xogo

Creación de Sims

A ferramenta de creación dun sim redeseñouse respecto a entregas anteriores. Aumentando o nivel de detallismo á hora de definir os detalles faciais, cambiou o sistema de configuración do corpo. Mentres que en entregas anteriores á hora de creación dun sim só se podía escoller entre corpo intermedio e sobrepeso (no xogo podíase alcanzar tamén un corpo musculado), e eses tres modos eran idénticos para tódolos sims, nesta entrega cada sim pode ter un corpo diferente ao doutro. Existen tres deslizadores para os homes e catro para as mulleres que permiten configurar ao milímetro a complexión de cada sim. O primeiro deles fai referencia ao nivel de delgadeza ou gordura, o segundo fai referencia ao tamaño muscular. Antigamente estes dous eran os únicos deslizadores dispoñibles, pero nun parche posterior engadíronse os restantes deslizadores.

O terceiro deslizador fai referencia á musculatura, facendo máis ou menos marcados os abdominais e os músculos do corpo. O cuarto deslizador é exclusivo das sims mulleres e define o tamaño e exuberancia ou non dos seus peitos. Cabe sinalar que estes deslizadores están dispoñibles para adolescente, xove adulto e adulto. Os demais grupos de idade só teñen dispoñibles algúns destes deslizadores ou ningún no caso dos cativos.

O apartado de roupa tamén sufriu un redeseño intensivo. Mentres que antes só era posible escoller pezas superiores e inferiores ou ben pezas do corpo completo a partir dun repertorio predeterminado, agora é posible escoller ademais diso os zapatos e complementos de todo tipo como lentes, calcetíns, medias, pulseiras etc., e ademais é posible definir un peiteado diferente para cada tipo de roupa, elixir entre informal, formal, roupa de durmir (o que inclúe tanto pixamas como roupa interior), roupa atlética e roupa de baño. Nun parche posterior engadiuse tamén a posibilidade de escoller a ropa para ir ao traballo. Á hora de escoller a roupa, tamén é posible definir a cor de forma totalmente dinámica a partir de todo o espectro de cor, e dependendo do tipo de roupa será posible escoller varias cores diferentes, e gardar o estilo creado para reutilizalo para outros sims en calquera momento. A diferenza da entrega anterior, toda a roupa está dispoñible para todos os sims en todo momento, sen ser necesario acudir a ningunha tenda a comprala.

Xogo no barrio

A diferenza de entregas anteriores, as casas e os barrios están nun mapa continuo de toda a cidade sen cargas intermedias. O xogo inclúe unha función opcional chamada "Historia de progresión", que permite a tódolos sims non controlados polo xogador no barrio vivir de forma autónoma, crecer, casar, ter os seus empregos e ascensos, ter fillos, construír o seu soño ou comprar unha casa, e así sucesivamente; é dicir, que aínda que non o controle o xogador, as súas vidas se seguirán desenvolvendo paralelamente ás da familia xogable.

O sistema de humor foi rediseñado respecto a entregas anteriores. As necesidades básicas seguen estando presentes, pero agora o humor é resultado dos novos "estados de humor". Existen tres tipos, positivos, negativos ou neutrais. Os estados neutrais son simplemente informativos e non soben nin baixan o humor. Dentro dos positivos e negativos, hainos de diversas intensidades, que soben máis ou menos o humor que outros. Algúns estados de humor aparecen ao satisfacer ou non as necesidades dos sims. Outros son resultado de actividades relacionadas cos seus trazos ou as súas relacións sociais. Por exemplo, se un sim satisfai a súa fame cunha comida cociñada nunha boa cociña por un sim con habilidade, aparecerá o estado de humor positivo "Boa comida", que aumentará o seu humor nalgúns puntos. En cambio, se se lle priva de comer por moito tempo, aparecerá o estado de humor negativo "Famento", que baixa uns puntos o humor, e se persiste, chegará a un punto no que o estado de humor pasará a "Morto de fame", que baixará máis dramaticamente o humor. Como en entregas anteriores, un sim de mal humor non se concentrará para facer determinadas tarefas ou renderá mal no traballo ou na escola.

Introdúcese ademais un novo sistema de desexos que substitúen os desexos e os medos da entrega anterior. Un sim ten un cadro polo que van desfilando diferentes desexos que se van acumulando e que tras un tempo desaparecen. Tamén dispón de catro cadros de promesa. Ao facer clic nun desexo recente, se hai algún cadro de promesa libre, ese desexo considerarase "prometido" e pasará a ese cadro. Ao cumprir un desexo prometido, o sim obterá puntos de felicidade e o estado de humor "Realizado". Os puntos de felicidade pódense aforrar e uns desexos ofrecen máis puntos que outros dependendo da súa dificultade ou transcendencia na vida do Sim (por exemplo, terminar de ler un libro da moitos menos puntos que ter un fillo). Ao reunir puntos suficientes pódese acceder a un catálogo de recompensas para o sim en forma de características directas do sim (por exemplo, non aburrir xamais) ou en obxectos especiais para o sim que toda a familia pode empregar (como localizadores de sementes ou teletransportadores).

Ademais, cada sim xove adulto ten un chamado "Desexo de toda a vida", que ao cumprilo lle proporcionará unha gran cantidade de puntos de recompensa e un estado de humor especial. Ese desexo de toda a vida escólleo o xogador ao crear o sim, ou ben pode elixilo durante o seu crecemento, en base a propostas que aparecerán marcadas distinguiblemente no cadro de desexos durante a infancia e adolescencia do sim (bebés e infantes non poden ter desexo de toda a vida). Se o sim chegara a xove adulto sen desexo de toda a vida, nese momento se lle obrigaría a escoller un desexo de toda a vida entre todo o repertorio dispoñible, destacando cinco propostas en base aos trazos do sim.

Os sims viven por un período de tempo (axustable polo xogador) e avanzan a través de varias etapas (bebé, infante, neno, adolescente, xove adulto, adulto e ancián). Os sims poden morrer de vellez ou poden morrer prematuramente por causas tales como incendios, fame, afogamento, electrocución etc. Despois da morte, convértense en fantasmas non xogables que se aparecerán aos demais sims da familia mentres a tumba siga en casa, aínda que hai misións que permiten converter o fantasma nun personaxe xogable, e incluso existe unha comida que pode resucitar a un fantasma ao comela, entre outras opcións.

Cada sim vai adquirindo trazos de personalidade ao longo da súa vida, ata un máximo de cinco (a expansión University Life permite aumentar este número a un máximo de sete). Os bebés e infantes comezan con dous trazos, e despois adquiren un trazo máis en cada etapa de idade ata chegar aos cinco de xove adulto, que xa conservan o resto da súa vida. Existe un amplo repertorio de trazos, e algúns son opostos entre si e non poden darse ao mesmo tempo nun mesmo sim (por exemplo "Bo" e "Malvado" ou "Valente" e "Covarde"). Ao crear un sim pódense elixir a vontade os trazos que terá tendo presente esa limitación. Se o facemos nacer e crecer no xogo, os trazos que adquira dependerán de diversos factores: se o sim tivo unha boa vida na fase de idade na que se encontra (salvo no paso de bebé a infante onde non hai cambios de trazos), o xogo permitirá escoller ao crecer o trazo novo que se engadirá; se, polo contrario, non fora así, serán asignados aleatoriamente. No caso dos bebés acabados de nacer, os seus trazos dependerán de que a nai tivera un bo embarazo. Os nenos terán trazo elixible se de infantes aprenderon todo o que deben aprender (a andar, a falar e a usar o ouriñal) e desenvolveron ben as súas habilidades con xoguetes. Os adolescentes e adultos novos dependerán sobre todo do seu rendemento na escola e de que logren un sobresaliente ao chegar ao seu aniversario. E en tódolos casos tamén inflúe o satisfacer frecuentemente as necesidades do sim, tanto as básicas como as de humor.

Tamén se rediseñou o sistema de habilidades. Mentres que nas dúas entregas anteriores existía unha lista de habilidades prefixada para tódolos sims, nesta entrega as habilidades que pode aprender un sim son incontables, e o seu número vai aumentando coas expansións. A diferenza de entregas anteriores, non hai ningunha lista para cada sim, senón que comezan coa pestaña en branco, e poden ir aprendendo habilidades novas pouco a pouco e engadíndoas dinamicamente a unha lista que irá crecendo co tempo. Para desenvolver as habilidades pode recorrerse a practicar a habilidade correspondente, estudar un libro acerca da materia ou facer que o sim acuda -previo pago- a unha clase. Os libros pódense adquirir na librería da cidade, e hainos de tres niveis, principiante para sims con niveis entre 0 e 3, intermedios para niveis entre 4 e 6, e avanzados para niveis superiores. Non sempre están dispoñibles tódalas opcións para tódalas habilidades, e de estar dispoñible, a opción de asistir a unha clase só se pode empregar unha única vez por sim.

Desenvolvemento

En 2005 comezouse a difundir o rumor sobre un futuro The Sims 3. Falábase que Electronic Arts estaba traballando no proxecto.

O 2 de novembro de 2006 Warren Jenson, responsable do departamento financeiro de Electronic Arts, confirmou a creación de The Sims 3, que ten unha data exacta de lanzamento: 2 de xuño de 2009 nos Estados Unidos, e Sam Player, xefe de produción para PC de The Sims 2: Seasons confirmou a creación de máis expansións para a franquía actual.

Na presentación da expansión, The Sims 2: FreeTime, os produtores advertiron aos fans da saga que The Sims 3 estaban máis cerca do que parece. Nesta expansión, hai un "Ovo de pascua" (easter egg) onde un dos produtores de The Sims (Rod Humble) aparece no terreo onde se xoga e dálle un regalo ao sim en uso que contén un videoxogo chamado The Sims 3 no que aparecen sims camiñando polo barrio sen restricións, ademais do creador de sims e como amoblar as casas.

O sitio web oficial de The Sims foi aberto o día 19 de marzo coas primeiras imaxes e información.

Subiuse o primeiro trailer de The Sims 3, no que se ve a varios sims facendo actividades como pescar ou facer footing libremente polo barrio. Ao final, vese a un sim tocando a guitarra nun concerto na praia. Curiosamente o vídeo está gravado orixinalmente en simlish e despois traducido a varios idiomas.

Segundo o sitio web oficial, os detalles da edición especial para coleccionistas foran anunciados na Convención de videoxogos de Leipzig.

Rod Humble, Director do Estudio de The Sims, comentou: "Estou entusiasmado de poder ofrecer a tódolos xogadores de The Sims o videoxogo bandeira da nova xeración da franquía. The Sims 3 Edición Coleccionista ofrecerá unha experiencia especial de The Sims a tódolos xogadores afeccionados.”

No dito xogo, os xogadores van ter a opción de editar os obxectos, casas e persoas.Os traballos van ser máis variados que na últimas dúas entregas de xogos. Ao igual que en Nightlife poderán dispoñer de coche e personalizar a casa no terreo que desexen.

Edicións

Nome Data de publicación Características
The Sims 3[3] Windows & Mac OS X:
NA=2 de xuño de 2009
A primeira versión do videoxogo nun DVD.
The Sims 3 Collector's Edition[4] Windows & Mac OS X:
NA=2 de xuño de 2009
O videoxogo principal nun DVD xunto con material adicional, incluíndo un proceso europeo de descarga.
The Sims 3 Holiday Collector's Edition[5] Windows & Mac OS X:
EU=4 de decembro de 2009
O videoxogo principal nun DVD, con material extra, como unha canción de Nadal (The Sims 3 Christmas Theme Song), e o tema do Nadal nos obxectos do videoxogo.

Expansións

The Sims 3: World Adventures

Electronic Arts anunciou o 4 de agosto de 2009 a creación da primeira expansión do videoxogo. Titúlase The Sims 3: World Adventures e foi lanzada o 19 de novembro. A principal característica da expansión é a posibilidade de levar aos sims de vacacións a China, Francia e Exipto. En cada un dos destinos se ten dispoñible unha serie de misións que permiten entrar en templos, tumbas, pirámides etc. Ao cumprir as misións gáñanse moedas antigas que despois se usan para comprar obxectos exclusivos de cada cidade que non se poden encontrar en ningún outro lado e aumentar o nivel de visado. Dependendo do nivel de visado, pódese viaxar durante máis días ou comprar unha residencia de vacacións. Inclúe unha nova criatura xogable, a momia, novas receitas como bouillabaise, ancas de ra, falafel etc e as novas habilidades de artes marciais, produción de néctar e fotografía. Poderíase dicir que este xogo é unha versión renovada de The Sims: Vacation e The Sims 2: Bon Voyage.

The Sims 3: Ambitions

O 4 de marzo de 2010 EA publicou imaxes e confirmou a segunda expansión de The Sims 3, The Sims 3: Ambitions. Esas imaxes consistían no logotipo e seis capturas do xogo. Pouco despois, EA fixo público o trailer oficial.

Esta expansión céntrase nas profesións, engadindo algunhas como científico torpe, cazador de fantasmas, tatuador, arquitecto, bombeiro, deseñador de modas e outras. Tamén engade algo que os seguidores demandaban: poder controlar aos sims mentres están traballando. Engadiuse un novo sim xogable: o simbot. Lanzouse o 1 de xuño de 2010 nos Estados Unidos e desde o 4 de xuño está dispoñible para todo o mundo.

The Sims 3: Late Night

Electronic Arts anunciou o 20 de xuño a terceira expansión do videoxogo The Sims 3, The Sims 3 Late Night.

Basicamente é unha versión renovada de The Sims: SuperStar e The Sims 2: Nightlife. A súa principal característica é a introdución do mundo da noite. Poderemos levar aos sims ao Centro Urbano, onde poderán acudir a festas nocturnas a bailar ou a ligar. O centro urbano será un barrio novo, non de visita. Confirmouse que se engadirá a fama, así como carreiras de actor e director de cine, paparazzis como PNJs, outros novos traballos como músico na rúa, cocteleiro, barman ou membro de banda musical, metros subterráneos, apartamentos, ascensores, novas barras deslizadoras para os peitos das mulleres e músculos no modo Crear un sim, roupa subida de ton, bordos redondos para piscinas, jacuzzis, un novo trazo de personalidade vinculado á carreira de actor (posiblemente os sims dramaticen con todo ou sobreactúen sempre), porteiros de discoteca (que non sempre che dexarán pasar), a influencia avanzada (ao estilo de The Sims 2: University), máis instrumentos etc.

As novas criaturas, como xa o foran en The Sims 2, serán os vampiros, quen deberán beber sangue para sobrevivir. Se non, perderán cualidades "vampíricas", a necesidade de fame é substituída pola de sede. Estes sims crecerán máis lentamente, serán rexeitados pola sociedade e poderán traspasar os seus xenes de vampiro aos seus fillos. Se se desexa converter a un sim en vampiro é necesario iniciar amistad cun vampiro e persuadilo para que morda ao sim.

The Sims 3: Generations

Nesta expansión agréganse novas accións e interaccións para os Sims pertencentes á familia; por exemplo, os nenos poden acceder a unha casa na árbore e invitar aos seus amigos ou ter amigos imaxinarios; os adolescentes poden gastarlle bromas a outros sims (engádese un novo "set de química") e ter a posibilidade de asistir ao baile de graduación; os adultos poden pasar por unha crise de madurez, así como moitas outras accións dispoñibles como ir a vodas ou reunións sociais como despedidas de solteiro.

Segundo Scott Evans, director xeral, "The Sims 3: Generations inclúe novas experiencias de xogo e ofrece novedosas formas de expresar a creatividade dos teus sims, desde vodas, crises da mediana idade, organizar despedidas de solteiro e moito máis".

Ademais disto, ponse en funcionamento un novo sistema de cámaras que permitirá tomar fotos dos personaxes e subilas á rede Facebook para desta maneira compartilas cos amigos.

Electronic Arts anunciou a súa data de lanzamento para o verán de 2011 nas súas versións para PC e Macintosh.[6][7]

The Sims 3: Pets

Electronic Arts anunciou para o 20 de outubro de 2011 o lanzamento da quinta expansión, na que se introduciron as mascotas animais, polo que se trata dun remake The Sims: Unleashed e The Sims 2: Pets.

Cada plataforma (lanzouse como expansión para PC e como xogo independente para consolas) ten nesta expansión características exclusivas. Na versión PC/Mac introducíronse cabalos que se poden criar e utilizar para desprazarse en substitución do coche, ademais de introducirse unha tenda exclusiva de mascotas. Na versión Nintendo 3DS, introduciuse a posibilidade de intercambiar mascotas con outros xogadores. E nas versións para PlayStation 3 e Xbox 360, é posible controlar ás mascotas mediante comandos de voz, introducíndose ademais a posibilidade de utilizar estes mesmos comandos para manexar aos propios sims.[8]

Ademais disto, La Oreja de Van Gogh gravou o videoclip de La Niña que Llora en sus Fiestas con escenas de The Sims 3: Pets.

The Sims 3: Showtime

Esta expansión, lanzada en marzo de 2012, invítanos a converter ao noso sim nunha grande estrela, xa sexa seguindo a carreira de música ou de mago, entre outras. Comparte elementos con The Sims: Superstar e The Sims 2: FreeTime. A cantante Katy Perry é a imaxe desta expansión, a cal inclúe contido especial, como vestimentas.

The Sims 3: Supernatural

Lanzada o 6 de setembro de 2012, é a sétima expansión de The Sims 3: Supernatural. Esta é unha versión renovada de The Sims: Makin'Magic, pero con moitas máis características, e tamén comparte un pouco de similitude cos The Sims 2: Apartment Life.

Nesta expansión inclúense criaturas sobrenaturais, como homes-lobo, magos, vampiros e fadas, e o sim poderá ser unha destas criaturas ou convivir con elas. Inclúense unha serie de habilidades, feitizos, pocións, poderes etc. Cun elixir, os sims poderanse converter en temibles zombis. Esta expansión inclúe un novo e escuro mundo chamado Moonlight Fall onde a noite, as fases da lúa e estas criaturas farán desta cidade unha vida tranquila ou arrepiante, para os sims comúns haberá unha carreira sobre ler o futuro e poderán aprender habilidades de vidente.

A edición limitada deste disco de expansión inclúe contido exclusivo de Plantas contra Zombis, que inclúe novas vestimentas e un lanzachícharos.

The Sims 3: Seasons

O 2 de agosto de 2012 EA sacou o trailer da nova expansión que se lanzou á venda o 15 de novembro.

Esta nova expansión ten en conta as catro estacións do ano como en The Sims 2, pero nesta ocasión están presente máis días especiais do ano como Halloween co "Truco ou Trato", ou o Día de Pascua. Vén moito máis cargado que o anterior, con máis diversión, novas interaccións e actividades. Ademais, os sims ao fin poden bañarse no mar, e os rapaces da escola teñen as súas vacacións. Esta é a primeira expansión dos Sims 3 que conta coa presenza de alieníxenas.

The Sims 3: University Life

A novena expansión de The Sims 3 é University Life, e foi lanzada o 7 de marzo de 2013. Inclúe características de The Sims 2: University, como a posibilidade de levar aos sims, xa sexa xove, adulto ou da terceira idade, á universidade para que estude e saque unha carreira universitaria. Tamén trae novos grupos sociais como Deportista, Nerd e Rebelde, os cales poden pertencer, ademais dun renovado teléfono intelixente que substitúe o teléfono móbil que teñen tódolos sims.

The Sims 3: Island Paradise

Xusto despois de anunciar oficialmente University Life o pasado 8 de xaneiro [cando?], tamén se fixeron varios anuncios totalmente inesperados pola comunidade de xogadores, entre eles a décima expansión, The Sims 3 Island Paradise, para xuño do 2013. The Sims terán a oportunidade de explorar máis a fondo o mundo acuático engadindo interaccións de navegación bote ou iate, comprar e personalizar casas flotantes, posuír resorts e administralos a vontade do xogador. The Sims poderán visitar un novo mundo repleto de illas para visitar e descubrir novas actividades. A nova criatura ou estado de vida é a serea. Tamén inclúe o mundo Illa Paraíso.

The Sims 3: Into the Future

Anunciado o 8 de xaneiro de maneira moi sutil nun comunicado de prensa de EA Games [9], finalmente o 3 de xuño foi confirmada a undécima expansión de The Sims 3, chamada en inglés The Sims 3: Into the Future [10], na cal os sims poderán realizar viaxes no tempo.

O 23 de xullo de 2013 publicouse o seu trailer na canle oficial de YouTube de The Sims 3 [11], establecendo o 24 de outubro como data de lanzamento do xogo. Disporá ante o xogador a posibilidade de descubrir xunto aos seus sims as marabillas tecnolóxicas do futuro, como mochilas propulsoras, sintetizadores de alimentos e cápsulas oníricas. O usuario pode viaxar a pracer entre o futuro e o presente podendo observar os efectos das accións dos personaxes sobre o seu legado e os seus descendentes. Pode visitar e ver á súa familia no futuro e comprar casas no futuro etc.

Paquetes de accesorios

The Sims 3: High-End Loft Stuff

O 4 de febreiro de 2010 saíu á venda o primeiro pack de accesorios para o videoxogo The Sims 3, que inclúe accesorios modernos e de alta tecnoloxía, tal e como o seu nome o indica. Para celebrar o décimo aniversario da saga The Sims, foron incluídos obxectos de xogos pasados, como a cama vibratoria, unha guitarra eléctrica e unha peceira moi grande.

The Sims 3: Fast Lane Stuff

Electronic Arts anunciou nun comunicado The Sims 3: Fast Lane Stuff, o primeiro paquete adicado aos vehículos que saíu á venda durante o outono. A descarga ofreceralle ao usuario elixir entre catro estilos de vida: carreiras, intriga, rock e luxo clásico. Engade peiteados, roupa e un novo trazo.

The Sims 3: Outdoor Living Stuff

The Sims 3: Outdoor Living Stuff é o terceiro pack de accesorios para The Sims 3. Foi lanzado o 1 de febreiro de 2011.

Por primeira vez, os Sims poden gozar do mellor en luxo de exteriores para as súas casas. Tanto se están decorando o patio como se queren poñer unha magnífica bañeira nova ou instalar unha sofisticada grella para preparar fabulosas barbacoas, a decoración de exteriores dos Sims subirá de nivel.

Características: constrúe un lugar perfecto ao ar libre, con mobiliario elegante, electrónica de exteriores e acolledoras fachos e fogueiras. Proporciona varias bañeiras de deseño exclusivo nas que os sims poderán relaxarse coas súas amizades ou poñerse románticos con alguén especial. Elixe entre dous novos estilos: "Terraza xardín" inclúe elegantes elementos de ferro forxado, mentres que "Atardecer en Veranda" transmite toda a calidez dos contornos abertos. Pçodense vestir os Sims con diversas vestimentas de corte chic pero informal para que pasen un gran día baixo o sol ou unha relaxante velada baixo as estrelas.

The Sims 3: Town Life Stuff

The Sims 3: Town Life Stuff é o cuarto paquete de accesorios para Sims 3. En Norteamérica a data de lanzamento foi o 26 de xullo, mentres que en España producirase o 1 de setembro, cinco semanas despois. O paquete introduce novos locais que permiten darlle un aire renovado á cidade dos Sims, así como obxectos para as súas casas, como unha nova e moderna biblioteca, un ximnasio exclusivo co último en alta tecnoloxía, un patio ou un novo cuarto da colada. Tamén inclúe novos lugares comunitarios que visitar, como o café O Bo Bocado.

The Sims 3: Master Suite Stuff

Master Suite Stuff é o pack número 5 de The Sims 3, lanzado o día 26 de xaneiro de 2012. Dito pack caracterízase por traer obxectos propios de dormitorios e baños, poidéndose crear incluso un balneario, así como novas pezas de roupa íntima e maiores accións e complementos para os encontros amorosos dos sims.

The Sims 3: Katy Perry's Sweet Treats

The Sims 3: Katy Perry's Sweet Treats é o sexto pack de The Sims 3, lanzado o 7 de xuño de 2012. Este pack inclúe accesorios como mobles, peiteados, roupa, tres novos lugares (parque, lecer... etc), todo con forma de doces inspirados na artista Katy Perry. Ademaos, inclúe a canción "Last Friday Night" en simlish.

The Sims 3: Diesel Stuff

The Sims 3: Diesel Stuff é o sétimo pack de accesorios de The Sims 3. O lanzamento do pack foi o 12 de xullo de 2012. Este pack inclúe nova roupa inspirada na marca italiana Diesel. O estilo é unha mestura entre look vaqueiro e moderno.

The Sims 3: 70s, 80s, & 90s Stuff

The Sims 3: 70s, 80s, & 90s Stuff é o oitavo pack de accesorios. Foi lanzado o 24 de xaneiro de 2013 e inclúe roupa e obxectos de estilo retro das décadas 1970, 1980 e 1990, ademais de novas emisoras de radio.

The Sims 3: Movie Stuff

É o noveno paquete de accesorios para The Sims 3 e saíu o 12 de setembro do 2013. Foi confirmado na retransmisión en vivo do 16 de abril. Ofrece decoración, mobiliario e roupa inspirados nas películas máis populares e máis vistas: unha arrepiante cripta, un sombreiro vaqueiro, vixiantes enmascarados... son só algúns dos elementos que se integran no xogo.

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2012. Consultado o 29 de outubro de 2013. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 29 de outubro de 2013. 
  3. "Official The Sims 3 page". 04-06-2009. Consultado o 04-06-2009. 
  4. "Official The Sims 3 Collector's Edition page". 04-06-2009. Arquivado dende o orixinal o 30-05-2009. Consultado o 04-06-2009. 
  5. "Sims 3 Xmas For Sale". 23-11-2009. Arquivado dende o orixinal o 08-11-2009. Consultado o 23-11-2009. 
  6. Información da nova expansión para The Sims 3 Generations en Meristation
  7. Noticia de The Sims 3, generations en portaltic.es
  8. EA lanzará The Sims 3: Pets este outono
  9. EA Reveals The Sims 3 Line Up for 2013
  10. The Sims 3 “Into The Future” Expansion
  11. [1]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

本條目存在以下問題,請協助改善本條目或在討論頁針對議題發表看法。 此條目需要补充更多来源。 (2018年3月17日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的标题(来源搜索:羅生門 (電影) — 网页、新闻、书籍、学术、图像),以检查网络上是否存在该主题的更多可靠来源(判定指引)。 �...

 

 

13th Lieutenant Governor of Arkansas Joe PurcellActing Governor of ArkansasIn officeJanuary 3, 1979 – January 9, 1979Preceded byDavid Pryoras GovernorSucceeded byBill Clintonas Governor13th Lieutenant Governor of ArkansasIn officeJanuary 14, 1975 – January 19, 1981GovernorDavid PryorBill ClintonPreceded byBob C. RileySucceeded byWinston Bryant45th Attorney General of ArkansasIn officeJanuary 10, 1967 – January 12, 1971GovernorWinthrop RockefellerPreceded byBru...

 

 

  مكتب التحقيق الفيدرالي (بالإنجليزية: Federal Bureau of Investigation)‏  Federal Bureau of Investigation—F.B.I مكتب التحقيقات الفيدرالي مكتب التحقيقات الفيدرالي   تفاصيل الوكالة الحكومية البلد الولايات المتحدة  الاسم الكامل مكتب التحقيق الاتحادي مؤسس إدغار هوفر،  وثيودور روزفلت،  وتش...

Cette page contient des caractères spéciaux ou non latins. S’ils s’affichent mal (▯, ?, etc.), consultez la page d’aide Unicode. Pour les articles homonymes, voir Hiéroglyphe. Écritures hiéroglyphiques Hiéroglyphes sur le temple de Kôm Ombo. Caractéristiques Type Logogrammes et phonogrammes Langue(s) Ancien égyptien, moyen égyptien Historique Époque Du IVe millénaire avant notre ère au IVe siècle Créateur Anciens Égyptiens Système(s) dérivé(s) H...

 

 

Route for driving livestock on foot Not to be confused with driving. Drover's Road near Latteridge, South Gloucestershire, England. A section of drover's road at Cotkerse near Blairlogie, Scotland A drovers' road, drove road, droveway, or simply a drove, is a route for droving livestock on foot from one place to another, such as to market or between summer and winter pasture (see transhumance).[1] Many drovers' roads were ancient routes of unknown age; others are known to date back to...

 

 

Canadian politician Michael KramMPKram in 2019Member of Parliamentfor Regina—WascanaIncumbentAssumed office October 21, 2019Preceded byRalph Goodale Personal detailsBorn (1978-12-20) December 20, 1978 (age 45)Regina, Saskatchewan, CanadaPolitical partyConservativeResidenceRegina, Saskatchewan[1]Education University of Regina (BA, BS) Michael Kram MP (born December 20, 1978) is a Canadian politician who was elected as a Conservative to represent the riding of Regina—Wascan...

British Liberal Party politician Richard Leopold Reiss (20 May 1883 – 30 September 1959), was a British Liberal Party politician who later joined the Labour Party. He was Director of the Hampstead Garden Suburb Trust Ltd. He was awarded the Order of St Olav of Norway.[1] In 1948 he was awarded the Howard Memorial Medal for outstanding services to town planning.[2] Political career Reiss was active first for the Liberal Party, both as a policy developer and as a parliamentary...

 

 

2015 mayoral election in Philadelphia, Pennsylvania 2015 Philadelphia mayoral election ← 2011 November 3, 2015 2019 → Turnout21.84%[1]   Nominee Jim Kenney Melissa Murray Bailey Party Democratic Republican Popular vote 203,730 31,563 Percentage 85.1% 13.2% Results by wardKenney:      60–70%      70–80%      80–90%      >90% Mayor before election ...

 

 

1992 film by Robert Altman The PlayerTheatrical release posterDirected byRobert AltmanScreenplay byMichael TolkinBased onThe Playerby Michael TolkinProduced byDavid BrownMichael TolkinNick WechslerStarring Tim Robbins Greta Scacchi Fred Ward Whoopi Goldberg Peter Gallagher Brion James Cynthia Stevenson CinematographyJean LépineEdited byGeraldine PeroniMusic byThomas NewmanProductioncompaniesAvenue PicturesSpelling EntertainmentDavid Brown ProductionsAddis-WechslerDistributed byFine Line Feat...

伊斯兰合作组织Organisation of Islamic Cooperation(英語)Organisation de la Coopération Islamique(法語)منظمة التعاون الإسلامي(阿拉伯語) 旗帜格言:To safeguard the interests and ensure the progress and well-being of Muslims  成员国  观察国  暂停会籍行政总部 沙地阿拉伯吉达 官方语言阿拉伯语英语法语类型宗教成员国57个在籍成员国(英语:Member states of the Organisation ...

 

 

Four years in Seccessia (1865) frontpage Junius Henri Browne (14 October 1833 Seneca Falls, New York - 2 April 1902 New York City) was an American journalist. Biography He was a graduate of Saint Xavier College, Cincinnati. In 1861, he became war correspondent for the New York Tribune, was wounded at Fort Donelson, and taken prisoner while engaged in an abortive expedition to run the Vicksburg batteries. Browne was imprisoned for 20 months in seven different prisons, confined successively at ...

 

 

Keuskupan RotterdamDioecesis RoterodamensisBisdom RotterdamKatolik Katedral Santo Lawrensius dan Santa Elisabeth di RotterdamLambang Keuskupan RotterdamLokasiNegaraBelandaWilayahHolland SelatanProvinsi gerejawiUtrechtDekanat3Koordinat51°55′51″N 4°28′45″E / 51.93083°N 4.47917°E / 51.93083; 4.47917StatistikLuas8.326 km2 (3.215 sq mi)Populasi- Total- Katolik(per 2017)3.714.000487,000 (13.1%)Paroki58Imam153InformasiDenominasiK...

The UNESCO (United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization) has designated 19 World Heritage Sites in six countries (also called state parties) of Central and North Asia: Kazakhstan, Kyrgyzstan, Tajikistan, Turkmenistan, Uzbekistan and the Asian part of Russia.[1] The European part of Russia is included in Eastern Europe.[2] Russia is home to the most inscribed sites with 8 sites, two of which are transborder properties shared with Mongolia in Eastern Asia.&...

 

 

Australian newspaper Page 1 of The Australian Worker newspaper published Thursday 6 November 1913 The Australian Worker was a newspaper produced in Sydney, New South Wales for the Australian Workers' Union. It was published from 1890 to 1950. History The newspaper had its origin in The Hummer,[1] Official organ of the Associated Riverina Workers, a newspaper produced in Wagga Wagga in the depths of the 1890s depression on 19 October 1891. The paper was jointly funded by the Wagga bran...

 

 

Samsung Telecommunication BusinessJenisBusiness unitIndustriTelecommunicationsDidirikanSeoul, South Korea (1977)KantorpusatSuwon, South KoreaTokohkunciGeesung Choi, PresidentProdukMobile phonesSmart phonesTelecommunication SystemsMP3 PlayersLaptop computersPendapatan 21 Billion USD (2007)Laba bersih $ 2.3 Billion USD (2007)IndukSamsung ElectronicsSitus webSamsung consumer Samsung Telecommunication Business adalah salah satu dari lima unit divisi bisnis perusahaan Samsung. Unit ini terdiri dar...

Escarpment in Toronto, Canada The Bluffs redirects here. For the area of Atlanta, see The Bluff (Atlanta). For other uses, see Bluff (disambiguation). The Scarborough Bluffs seen from Bluffers Park. The Scarborough Bluffs, also known as The Bluffs, is an escarpment in the Scarborough district of Toronto, Ontario, Canada. There are nine parks along the bluffs, with Bluffers Park being the only one with a beach. Forming much of the eastern portion of Toronto's waterfront, the Scarborough Bluffs...

 

 

List of men's national football teams that have participated in the FIFA World Cup A map showing all nations to have competed in FIFA World Cup tournaments. A map showing the best performance of each team to have competed in FIFA World Cup tournaments. A map showing all nations that have hosted a FIFA World Cup tournament and how many times they have done so. This article lists the performances of each of the national teams which have made at least one appearance in the FIFA World Cup. As of ...

 

 

XXXV Liguilla Pre-Libertadores de AméricaUruguay 2009 Fecha 18 de julio de 20095 de agosto de 2009 Cantidad de equipos 6 equipos Podio • Campeón• Subcampeón   Cerro Racing Goleador Joaquín Boghossian (Cerro) 7 La Liguilla Pre-Libertadores de América de 2009 fue la trigésimoquinta y última edición del Torneo Liguilla Pre-Libertadores de América, correspondiente a la temporada 2008-09 del fútbol uruguayo. El campeón del torneo fue Cerro, que de esa manera logró su segunda ...

Köppen climate types of Oregon, using 1991-2020 climate normals. Trewartha climate types of Oregon According to the Köppen climate classification, most of Western Oregon has a warm-summer Mediterranean climate (or Csb type), which features warm, dry summers, and wet winters with frequent overcast and cloudy skies. Eastern Oregon falls into the cold semi-arid climate (or BSk type), which features drier weather. West of the Cascade Range, winters are chilly with frequent rain and occasional ...

 

 

Rowing club in Perth, Western Australia The club's Barrack Street shed in about 1910, with Perth City Baths in the background. The Swan River Rowing Club is a rowing club that was founded in 1887 in Perth, Western Australia. It has had rowing sheds at different locations on the Swan River.[1] The Canning River was a location of regattas and social events for the club.[2] In early years regattas were held to increase interest and membership.[3] Social activities were an...