The Hunger Games: Catching Fire

The Hunger Games:
Catching Fire
Ficha técnica
Título orixinalCatching Fire
DirectorFrancis Lawrence
ProdutorNina Jacobson
Jon Kilik
GuiónSimon Beaufoy
Michael deBruyn
Baseado enCatching Fire de Suzanne Collins
IntérpretesJennifer Lawrence
Josh Hutcherson
Liam Hemsworth
Woody Harrelson
Elizabeth Banks
Lenny Kravitz
Philip Seymour Hoffman
Jeffrey Wright
Stanley Tucci
Donald Sutherland
MúsicaJames Newton Howard
FotografíaJo Willems
MontaxeAlan Edward Bell
EstudioColor Force
DistribuidoraLionsgate
EstreaEstrea de Londres: 11 de novembro de 2012
22 de novembro de 2013
Duración146 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción, Aventuras
Orzamento$130–140 000 000[2][3][4]
Recadación$864 600 000[2]
Filme anteriorOs xogos da fame
Filme seguinteThe Hunger Games: Mockingjay – Part 1
Na rede
http://www.catchingfiremovie.com/
IMDB: tt1951264 Filmaffinity: 702482 Allocine: 196666 Rottentomatoes: m/the_hunger_games_catching_fire Mojo: catchingfire Allmovie: v546935 TCM: 2020944 Metacritic: movie/the-hunger-games-catching-fire TV.com: movies/the-hunger-games-catching-fire BNE: XX5830683 Netlix: 70278934 Editar o valor en Wikidata

The Hunger Games: Catching Fire é un filme estadounidense de acción e ciencia ficción baseado na novela de Suzanne Collins, Catching Fire, a segunda parte da triloxía The Hunger Games. O filme da tetraloxía The Hunger Games é a secuela de Os xogos da fame, producida por Nina Jacobson e Jon Kilik e distribuída por Lionsgate no 2013. Francis Lawrence dirixiu o filme, cun guión de Simon Beaufoy e Michael Arndt. Ademais do elenco protagonista do anterior filme, incorpóranse Philip Seymour Hoffman, Jeffrey Wright, Sam Claflin, Lynn Cohen, Jena Malone, Amanda Plummer, Alan Ritchson e Meta Golding.

O argumento de Catching Fire ten lugar uns poucos meses despois do remate do primeiro filme. Katniss Everdeen volveu ó seu fogar despois de gañar os 74º Xogos da Fame Anuais, xunto co seu compañeiro Peeta Mellark. Ó longo da historia, Katniss decátase de que está a xurdir unha rebelión nos distritos contra o opresivo Capitolio. A rodaxe comezou o 10 de setembro de 2012 en Atlanta, Xeorxia, antes de trasladarse a Hawai.

The Hunger Games: Catching Fire foi estreado o 15 de novembro de 2013 no Brasil, o 20 de novembro en Finlandia, Suecia e Noruega, o 21 de nomvebro no Reino Unido, e o 22 de novembro nos Estados Unidos. Conseguiu ser o décimo filme con maior recadación de tódolos tempos [5] e o primeiro das carteleiras de 2013, sendo o primeiro filme en 2-D dende O cabaleiro escuro (2008) con máis recadación do seu ano, así como por ter unha protagonista feminina, cousa que non se producía dende O exorcista (1973). En todo o mundo, conseguiu $864 millóns.

Catching Fire recibiu boas críticas e está mellor considerado que o seu predecesor, e tamén foi destacada a interpretación de Lawrence como Katniss. Foi nomeado a numerosos premios, ós "Broadcast Film Critics Association" como Mellor filme de acción, e ós Premios Saturn como mellor filme de ciencia ficción. Pola súa interpretación, Lawrence foi nomeada por segunda vez ós Premios Empire como mellor actriz, así como ós Saturn e ós Broadcast Film Critics Association. A canción "Atlas" foi nomeada ós Premios Grammy e ós Globos de Ouro como Mellor canción orixinal.

A súa secuela, The Hunger Games: Mockingjay – Part 1, foi estreada o 21 de novembro de 2014 nos Estados Unidos.

Elenco

Notas

  1. "The Hunger Games: Catching Fire (12A)". Lions Gate UK. British Board of Film Classification. 5 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2013. Consultado o 5 de novembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "The Hunger Games: Catching Fire". Box Office Mojo. Consultado o 13 de agosto de 2014. 
  3. "‘Hunger Games’: Can ‘Catching Fire’ Burn Brighter Than the Original?". Variety. 29 de outubro de 2013. Consultado o 13 de novembro de 2013. 
  4. Ryan Faughnder (21 de novembro de 2013). "'Hunger Games' sequel to catch fire in box-office debut". Los Angeles Times. budget of about $130 million 
  5. http://boxofficemojo.com/alltime/domestic.htm

Véxase tamén

Ligazóns externas