The Hot Rock
The Hot Rock é o cuarto álbum da banda estadounidense de indie rock Sleater-Kinney, editado o 23 de febreiro de 1999 a través do selo Kill Rock Stars. O álbum marca un considerable cambio no son da banda, indo cara a un son máis indie rock en vez de ter unha sonoridade punk rock como os seus antecesores. As letras e o son do disco están fortemente influenciados pola música de The Go-Betweens. "Get Up" foi publicado como sinxelo en 7" un mes antes do álbum, o 22 de xaneiro de 1999. A cara-b do sinxelo en vinilo é o tema "By The Time You're Twenty Five", mentres que a versión en CD inclue unha terceira canción, "Tapping". Estes dous temas non foron incluídos no CD de The Hot Rock. Un video musical (o primeiro da banda) foi filmado para "Get Up", baixo a dirección da escritora e artista Miranda July. Listaxe de canciónsTodas as cancións compostas por Sleater-Kinney.
|