The Woods

The Woods
Álbum de Sleater-Kinney
Publicado24 de maio do 2005
Gravaciónnovembro - decembro do 2004
Estudio(s)Tarbox Road Studios, Cassadaga, Nova York
Duración48:03
Xénero(s)rock alternativo, punk rock
Selo(s)Sub Pop
ProdutorDave Fridmann
Cronoloxía
One Beat
(2002)
The Woods Start Together
(2014)
Na rede
Spotify: 0U6Z6EVDwVMqwmr2zEcH4L Discogs: 64414 Allmusic: mw0000655167 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Woods é o sétimo álbum de estudio da banda de punk rock estadounidense Sleater-Kinney, editado o 24 de maio do 2005 a través do selo Sub Pop Records. O álbum foi producido por Dave Fridmann, que traballara anteriormente con artistas como The Flaming Lips e Mercury Rev. O traballo foi aclamado pola crítica e representa un cambio estilístico con respecto aos seus lanzamentos anteriores, fusionando elementos dun álbum orientado cara ao rock co son punk rock caracteríatico do trío, mentres que continuaban cos mesmo temas líricos como o consumismo e as relacións persoais.

The Woods tamén está dispoñible como drobre vinilo. Algunhas copias foron deitas co típico vinilo negro, pero outras foron coloreadas. Nesta últimas o primeiro disco é dun verde xaspeado claro e o segundo e dun marrón avermellado, coa cara D impresa para asemellarse ao corte horizontal dun tronco.

A revista musical en liña Pitchfork Media colocou a The Woods no número 127 da súa lista dos 200 mellores álbums da década do 2000[1]. Rolling Stone situouno no número 70 dos seus 100 mellores álbums desa década. Tiny Mix Tapes elixiuno o 89 na lista Favorite 100 Albums of the 2000s[2]. Ademais, a revista Time incluíuno na súa lista dos 10 mellores álbums do ano 2005[3].

Listaxe de cancións

Tódolos temas escritos e compostos por Sleater-Kinney

N.º Título Duración
1. "The Fox"   3:25
2. "Wilderness"   3:40
3. "What's Mine Is Yours"   4:58
4. "Jumpers"   4:24
5. "Modern Girl"   3:01
6. "Entertain"   4:55
7. "Rollercoaster"   4:55
8. "Steep Air"   4:04
9. "Let's Call It Love"   11:01
10. "Night Light"   3:40

Notas