The Hobbit: The Battle of the Five Armies

O Hobbit: A batalla dos cinco exércitos
A vila lacustre de Esgaroth, sobre o Lago Longo, onde Smaug descarga as laparadas froito da súa ira.
Ficha técnica
Título orixinalThe Hobbit:
The Battle of the Five Armies
DirectorPeter Jackson
ProdutorPeter Jackson
Mark Ordesky
Fran Walsh; produtora: WingNut Films
GuiónPhilippa Boyens
Peter Jackson
Guillermo del Toro
Fran Walsh
Baseado enO hobbit de Tolkien
IntérpretesIan McKellen
Martin Freeman
Richard Armitage
Evangeline Lilly
Lee Pace
Luke Evans
Benedict Cumberbatch
Ken Stott
James Nesbitt
Cate Blanchett
Ian Holm
Christopher Lee
Hugo Weaving
Orlando Bloom
MúsicaHoward Shore
FotografíaAndrew Lesnie
MontaxeJabez Olssen
EstudioNew Line Cinema
Metro-Goldwyn-Mayer
WingNut Films
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer (global)
New Line Cinema / Warner Bros. Pictures (América do Norte)
Estrea17 de decembro de 2014.
Duración161 min.
OrixeNova Zelandia Nova Zelandia
Reino Unido Reino Unido
XéneroAventuras
Fantasía
Acción
Orzamento$250 000 000[1]
Recadación$955 100 000[2]
Filme anteriorThe Hobbit: The Desolation of Smaug (O Hobbit: A desolación de Smaug)
Filme seguinteThe Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring (O Señor dos Aneis: A irmandade do anel)
Na rede
http://www.thehobbit.com
IMDB: tt2310332 Filmaffinity: 583347 Allocine: 210516 Rottentomatoes: m/the_hobbit_the_battle_of_the_five_armies Mojo: hobbit3 Allmovie: v569637 TCM: 974119 Metacritic: movie/the-hobbit-the-battle-of-the-five-armies TV.com: movies/the-hobbit-the-battle-of-the-five-armies Netlix: 70305930 Editar o valor en Wikidata

The Hobbit: The Battle of the Five Armies (literalmente O Hobbit: A batalla dos cinco exércitos) é un filme de fantasía épica do ano 2014 dirixido por Peter Jackson. O filme é o terceiro e derradeiro dunha triloxía cinematográfica (The Hobbit) baseado na novela O hobbit de John R.R. Tolkien, antecesora da triloxía cinematográfica d'O Señor dos Aneis, estreada entre 2001 e 2003.

A estrea en Galiza en lingua castelá foi o 17 de decembro de 2014[3][4], por mor dun troco de data que se produciu o 1º de marzo de 2013 cando nun principio ía estrearse en xullo de 2014, co título The Hobbit: There and Back Again. O mesmo que os outros filmes da triloxía foi dirixida polo neozelandés Peter Jackson, que tamén fixera a triloxía cinematográfica d'O Señor dos Aneis.

A historia dá continuidade aos eventos ocorridos en The Hobbit: An Unexpected Journey e The Hobbit: The Desolation of Smaug.

Peter Jackson e Guillermo del Toro anunciaron que esta terceira parte ampliaría a historia con outros escritos de Tolkien, como a reunión do Consello Branco (e deste xeito explicar a onde foi Gandalf cando deixou aos ananos e a Bilbo Bulseiro ás portas do Bosque das Tebras) e como botaron o Nigromante de Dol Guldur.[5] Nun principio esta secuela dependía dos actores que puidesen participar nela,[6] mais isto arranxouse cando os actores aceptaron facer o filme. Até abril de 2014, o filme chamábase The Hobbit or There And Back Again, en honra ao verdadeiro título d'O hobbit de J. R. R. Tolkien, até que Peter Jackson confirmou un novo título, The Hobbit: The Battle of the Five Armies.[7] O teaser tráiler estreouse o 28 de xullo,[8] dous días despois da súa presentación na Comic Con de San Diego.[9]

Enredo

Cando reclamaron a súa patria ao dragón Smaug, a Irmandade dos Ananos desatou sen querer unha forza malvada no mundo. Irado, Smaug descarga laparadas de ira sobre os moradores indefensos de Cidade do Lago.

Thorin, consumido pola obsesión de reclamar o seu tesouro, sacrifica a amizade e a honra para o conseguir mentres os frenéticos intentos de Bilbo Bulseiro por facelo entrar en razón levan ao hobbit a tomar unha decisión arriscada e perigosa; mais as ameazas que os agardan son aínda maiores. Sauron, o maior adversario de todos, enviou lexións de orcos a un ataque furtivo na Montaña Solitaria sen que ninguén o soubese, agás o meigo Gandalf.

A medida que o mal penetra no seu crecente conflito, as razas dos Ananos, os Elfos e mailos Homes teñen que decidir se unen as súas forzas ou se desleixan á destrución. De súpeto, Bilbo ten que loitar pola súa vida e maila dos seus amigos na épica Batalla dos cinco exércitos, mentres o futuro da Terra Media pende dun fío.[10]

Elenco

Luke Evans.

A irmandade de Thorin

Elfos Sindar

O Consello Branco

Xente da Cidade do Lago

Antagonistas

Outros

Notas

  1. Time (ed.). "Reese Witherspoon Isn't Nice or Wholesome in Wild, and That's What Makes It Great". Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "The Hobbit: The Battle of the Five Armies". Consultado o 6 de abril de 2015. 
  3. «The Third Hobbit Is Now Subtitled The Battle Of The Five Armies», artigo publicado o 24 de abril de 2014 na versión en liña da revista Empire
  4. «Peter Jackson renames ‘Hobbit’ finale: ‘Battle of the Five Armies’», artigo publicado o 24 de abril de 2014 na versión en liña do diario Los Angeles Times
  5. Daly, Steve (22 de setembro de 2006). "Action Jackson". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2008. Consultado o 1 de febreiro de 2009. 
  6. Adler, Shawn (28 de abril de 2008). "Guillermo Del Toro Addresses Hobbit Fans' Concerns, Talks Possible Casting". MTV. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2010. Consultado o 7 de setembro de 2008. 
  7. "The New Title for the Third Hobbit Film is The Hobbit: The Battle of the Five Armies Read more: The New Title for the Third Hobbit Film is The Hobbit: The Battle of the Five Armies". ComingSoon (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2014. Consultado o 24 de abril de 2014. 
  8. "Estreno en primicia del tráiler de 'El Hobbit: La batalla de los Cinco Ejércitos". Antena3.com. Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  9. "“El Hobbit: La batalla de los Cinco Ejércitos” asalta la Comic-Con". Gente10.info. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  10. elanillounico.com, ed. (23 de outubro de 2014). "Un nuevo poster de El Hobbit: La batalla de los Cinco Ejércitos". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  11. "Saruman también repetirá en El hobbit". Europapress. Consultado o 16 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas