The Hobbit: An Unexpected Journey (O Hobbit: Unha Viaxe Inesperada) é un filme de fantasía épica do ano 2012 dirixido por Peter Jackson. O filme é o primeiro dunha triloxía cinematográfica (The Hobbit) baseado na novela O hobbit de John R.R. Tolkien, precuela d'O Señor dos Aneis.
En Galicia estreouse en castelán o 14 de decembro de 2012.
Sinopse
Bilbo Bulseiro (Martin Freeman) é convidado de súpeto polo meigo Gandalf (Ian McKellen) para acompañalo xunto a un grupo de trece ananos, liderados polo lendario guerreiro Thorin, na procura do tesouro perdido dos ananos que hai moito tempo foi roubado por un dragón chamado Smaug. A súa viaxe vai levalos por fragas salvaxes; por terras traizoeiras cheas de goblins e orcos, wargs e arañas xigantes, metamorfos e magos, até que finalmente Bilbo Bulseiro atopa a Sméagol, roubándolle o Anel, que está ligado ao destino de toda a Terra Media. A viaxe cambiará para sempre a vida de Bilbo.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas