Athanasios "Thanasis" Antetokounmpo, nado o 18 de xullo de 1992 en Atenas, é un xogador grego de baloncesto profesional que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). É o irmán máis vello de Giannis Antetokounmpo, ala dos Milwaukee Bucks, e de Kostas Antetokounmpo, ala-pivote dos Dallas Mavericks.
Traxectoria profesional
O 26 de xuño de 2014, Antetokounmpo foi seleccionado polos New York Knicks na 51ª posición do Draft da NBA de 2014.[1] O 3 de novembro de 2014, fichou polos Westchester Knicks, afiliado dos New York Knicks na NBA G League.[2] Fixo o seu debut na NBA o 29 de xaneiro de 2016, anotando dous puntos en dous minutos contra os Phoenix Suns.[3]
O 8 de agosto de 2016, Antetokounmpo asinou co MoraBanc Andorra da Liga ACB.[4]
O 11 de xullo de 2017, asinou un contrato de dous anos co Panathinaikos BC grego.[5]
O 16 de xullo de 2019, Antetokounmpo asinou cos Milwaukee Bucks, reuníndose co seu irmán Giannis.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|