James Young, nado o 16 de agosto de 1995 en Flint, Míchigan, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Hapoel Tel Aviv BC israelí.
Traxectoria profesional
O 26 de xuño de 2014, Young foi seleccionado na 17ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Boston Celtics.[1] O 10 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Celtics.[2] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Maine Red Claws, afiliado dos Celtics na NBA Development League.
O 5 de xaneiro de 2018, Young asinou cos Philadelphia 76ers.[3] O 26 de marzo de 2018 foi cortado polos Sixers.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|