Dante Exum, nado o 13 de xullo de 1995 en Melbourne, é un xogador australiano de baloncesto profesional que xoga no KK Partizan.
Traxectoria profesional
O 26 de xuño de 2014, Exum foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Utah Jazz.[1][2] O 11 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Jazz e uniuse ó equipo para a Liga de Verán da NBA de 2014.[3] O 29 de outubro de 2014, Exum fixo o seu debut na NBA, acadando 5 puntos, 1 asistencia e 1 roubo de balón na derrota por 93-104 contra os Houston Rockets.[4]
O 24 de decembro de 2019, Exum foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Jordan Clarkson.[5]
O 16 de xaneiro de 2021, Exum foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a James Harden ós Brooklyn Nets,[6] pero non chegou a xogar cos Rockets.
O 7 de decembro de 2021, Exum asinou un contrato de dous meses e medio co FC Barcelona da Liga ACB.[7]
O 10 de xullo de 2022, Exum asinou por unha tempada co KK Partizan serbio.[8]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|