Telesto (ou en grego Τελεστώ) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta por Smith, Reitsema, Larson e Fountain no ano 1980, a partir de observacións terrestres, e foi provisionalmente designada coma S/1980 S 13.[4] Nos seguintes meses, serían rexistradas varias observacións máis, con designacións provisionais incluídas: S/1980 S 24[5] S/1980 S 33,[6] e S/1981 S 1.[7] En 1983 foi oficialmente bautizado co nome de Telesto, procedente da mitoloxía grega.[8] Tamén é coñecido coma Saturno XIII ou Tethys B.
Telesto é unha lúa co-orbital de Tetis, e está situada no punto de Langrage de vangarda de Tetis (L4), 60 graos por diante de Tetis. Está relación foi identificada por primeira vez por Seidelmann e o seu equipo en 1981.[9] A lúa Calipso reside no outro punto de Langrage (no retagarda ou cola) de Tetis (L5), 60 graos por detrás de Tetis. Calipso e Telesto son tamén coñecidas polo termo "Troianos de Tetis", por analoxía cos asteroides Troianos, hai outras dúas lúas troianas máis no sistema de satélites de Saturno, Polideuco e Helena, que son troianas de Dione.
A sonda Cassini fixo un sobrevoo a longa distancia de Telesto o 11 de outubro do 2005. Sorprendentemente as imaxes revelaron unha superficie moi suave e practicamente sen rastro de cráteres de impacto pequenos.
Notas
- ↑ "NASA Celestia". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2005. Consultado o 03 de xuño de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 Porco, C. C.; e o seu equipo. (2006). "Physical Characteristics and Possible Accretionary Origins for Saturn's Small Satellites" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 37: 768.
- ↑ "Telesto Statistics". Consultado o 01-10-2007.
- ↑ IAUC 3466: Satellites of Saturn 10 de abril de 1980 (descubrimento)
- ↑ IAUC 3484: Satellites of Saturn 6 de xuño do 1980,
- ↑ IAUC 3605: Satellites of Saturn 18 de maio de 1981
- ↑ IAUC 3593: Satellites of Saturn 16 de abril de 1981
- ↑ Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirma Xano, nomes Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn, 30 de setembro de 1983)
- ↑ Seidelmann, P (1981). "Saturn satellite observations and orbits from the 1980 ring plane crossing". Icarus 47: 282. doi:10.1016/0019-1035(81)90172-X.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Lista ordenada en base ó incremento da distancia respecto de Saturno. Os satélites con designación provisional están en cursiva. |
Lúas pastoras | |
---|
Co-orbitais | |
---|
Anel G | |
---|
Grandes lúas interiores (Troianas incluídas) | |
---|
Alcionedas | |
---|
Grandes lúas exteriores | |
---|
Grupo Inuit | |
---|
Grupo Nórdico | |
---|
Grupo Galo | |
---|