Talvisota é un filme finlandés de 1989 dirixido por Pekka Parikka. Baséase na novela Talvisota de Antti Tuuri. Está ambientado na guerra de Inverno e conta a historia dun rexemento de infantaría finés de Ostrobotnia do Sur que loita no istmo de Carelia, centrándose nun grupo de reservistas de Kauhava. O filme estreouse orixinalmente en Finlandia e Suecia o 30 de novembro de 1989, cadrando co 50 aniversario do comezo da guerra de Inverno.
Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 63ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas