Mies vailla menneisyyttä |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | Mies vailla menneisyyttä |
---|
Director | Aki Kaurismäki |
---|
Produtor | Aki Kaurismäki |
---|
Guión | Aki Kaurismäki |
---|
Intérpretes | |
---|
Música | Leevi Madetoja |
---|
Fotografía | Timo Salminen |
---|
Montaxe | Timo Linnasalo |
---|
Estrea | 1 de marzo de 2002 |
---|
Duración | 97 minutos |
---|
Orixe | Finlandia |
---|
Xénero | Drama e comedia |
---|
Orzamento | 1 206 000 euros[1] |
---|
Recadación | 9 564 237 dólares |
---|
Na rede |
---|
|
Mies vailla menneisyyttä é un filme finlandés de 2002 producido, escrito e dirixido por Aki Kaurismäki. O filme foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 75ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado. Gañou o Gran Premio no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2002.[2]
Sinopse
Un home chega en tren a Helsinqui e é agredido brutalmente por tres individuos para roubarlle. A causa dos golpes recibidos, perde a memoria e con ela a súa identidade. Atopa axuda nun matrimonio de escasos recursos e de Irma, oficial do Exército de Salvación, coa que acabará tendo un idilio. Cando se atopa nun banco tentando abrir unha conta, un empresario arruinado entra para atracalo. No interrogatorio posterior, ao non poder dar os datos da súa identidade, é detido como sospeitoso de colaborar no atraco, mais un avogado ao servizo do Exército de Salvación consegue que o deixen en liberdade. Non obstante, a policía continúa a súa investigación e logra descubrir a súa identidade: é un traballador metalúrxico que está casado. Visita a súa esposa, quen lle comunica que acaban de divorciarse, polo que volve con Irma para retomar a súa relación.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas