Hymyilevä mies é un filme finlandés de 2016 dirixido por Juho Kuosmanen. É unha coprodución entre Finlandia, Suecia e Alemaña. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016,[2][3] onde gañou o premio Un Certain Regard.[4] Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5]
Sinopse
Ano 1962: Olli Mäki é un boxeador afeccionado da cidade de Kokkola convertido en profesional que, mentres asiste a unha voda, se namora da súa amiga Raija. Viaxan a Helsinqui onde o seu representante Elis Ask está a preparar o gran salto de Olli: unha loita polo título de campión de peso pluma da Asociación Mundial de Boxeo contra o recoñecido boxeador estadounidense Davey Moore no Estadio Olímpico de Helsinqui. A pelexa será un dos eventos máis importantes da historia do deporte finlandés, aínda que a maioría da xente, incluído Olli, son escépticos: os rexistros de Moore superan con moito aos de Olli.
Personaxes
Os auténticos Olli e Raija Mäki aparecen brevemente ao final do filme, cando Raija mira cara a eles e pregunta a Olli: "coidas que seremos coma eles cando sexamos vellos?".[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas