Betoniyö é un filme de 2013 dirixido por Pirjo Honkasalo. O filme baséase na novela homónima de Pirkko Saisio que foi publicada en 1981. A historia foi anteriormente adaptada ao teatro e foi representada en Finlandia e Venezuela.[1] Betoniyö estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto na sección Masters Series en setembro de 2013. Foi rodado na área de Helsinqui, en Finlandia entre setembro e outubro de 2012.[2] Foi producido por Misha Jaari e Mark Lwoff da produtora Bufo e foi coproducido pola sueca Plattform Produktion e a dinamarquesa Magic Hour Film. Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas