Sílvia Munt Quevedo, nada en Barcelona o 24 de marzo de 1957, é unha actriz e directora de cinema, teatro e televisión catalá.
Gañou dos premios Goya, á mellor actriz pola súa interpretación en Alas de mariposa e á mellor curtametraxe documental por Lalia, escrita e dirixida por Munt. Esta curtametraxe recibiu máis de quince premios, entre eles o United Nations World Forum on Children's Television.[1]
Traxectoria
Estudou danza clásica e contemporánea, que combinou con estudos de psicoloxía. Aos dezaseis anos debutou como bailarina. Titulada en ballet clásico pola Royal Ballet de Londres en 1974, entre 1973 e 1978 dedicouse plenamente á danza como bailarina e coreógrafa, formando parte entre outras das compañías de Gelu Barbu (primeiro bailarín do Ballet Nacional de Romania) e do Ballet Contemporani de Barcelona.[1]
Aos vinte anos comezou na interpretación teatral. Debutou no cinema en 1978 co filme L'orgia. En 1981 protagonizou La plaça del Diamant, que lle valeu á Concha de Prata do Festival de Cinema de Donostia, e rapidamente comezou a traballar con directores como Fernando Trueba, Vicente Aranda, Manuel Gutiérrez Aragón ou Montxo Armendáriz.
Munt é membro da Academia do Cinema Europeo e da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Enre decembro de 2008 e o 14 de novembro de 2011 foi membro do plenario do Consell Nacional de la Cultura i de les Arts (CoNCA), organismo do que dimitiu xunto con outros nove membros como protesta polo modelo que que propuña o proxecto da Llei Òmnibus.[2]
Filmografía
Actriz
Directora
- 2007: Pretextos, longametraxe de ficción
- 2003: Elena Dimitrievna Diakonova. Gala, longametraxe documental
- 1999: Lalia, curtametraxe
- 1998: Déjeme que le cuente, curtametraxe
Notas