Susana Fortes López, nada en Pontevedra o 15 de novembro de 1959[1], é unha escritora e xornalista galega.
Traxectoria
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en Historia de América pola Universidade de Barcelona, combina a súa paixón pola novela co traballo como profesora de ensino medio en Valencia.[2] Deu clases de castelán e conferencias en Estados Unidos (Luisiana e California).
É autora de diversas novelas, entre elas El amante albanés, coa que quedou finalista do Premio Planeta na súa edición de 2003. A súa obra caracterízase por bordear a novela policíaca. Tamén é articulista en diversos medios relacionados coa literatura e o cine, ó que considera moi vinculada a súa obra «é coma se tivese interiorizada a sintaxe do cine na literatura».[3]
Obras
- Querido Corto Maltés (1994). Tusquets. Premio Nuevos Narradores. En valenciano Estimat Corto Maltés (1999, Tandem Edicións)
- Las cenizas de la Bounty (1998). Espasa.
- Tiernos y traidores (1999). Seixa Barral.
- Fronteras de arena (2001). Espasa, finalista Premio Primavera de novela.
- Adiós muñeca (2002). selección de artigos sobre cine.
- El amante albanés (2003). Espasa, finalista Premio Planeta.
- El azar de Laura Ulloa (2006). Planeta.
- Quattrocento (2007)[4]. Planeta.
- Esperando a Robert Capa (2009). Planeta, gañadora do Premio Fernando Lara de Novela[5]
- La huella del hereje (2011). Planeta. En italiano: Il camino del penitente (2102, Editrice Nord).
- El amor no es un verso libre (2013). Suma de letras.
- Septiembre puede esperar (2017). Planeta.
- Tal como éramos (2021, Ézaro)
- Nada que perder (2022, Planeta)
Obras colectivas
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia.
Vida persoal
É filla do escritor Xosé Fortes Bouzán e irmá de Alberto, Xabier e Ana Belén Fortes.
Notas