A tempada 2005 do Super 12 (actual Super Rugby) foi a 10ª edición da máxima competición mundial de rugby entre franquías, organizada no hemisferio Sur pola SANZAR, entre equipos de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica. Esta edición do torneo contou por derradeira ocasión con 12 equipos, antes da inclusión dos Central Cheetahs e do Western Force no campionato. Os 12 equipos disputaron unha tempada regular con 12 xornadas, seguida duns playoffs entre os 4 mellores equipos. O campionato foi gañado polos Crusaders, o equipo neozelandés que acadou así o seu 5º título, vencendo na final ós NSW Waratahs de Sydney.