Bulls

Bulls
NomeBulls
Fundación1996
SedePretoria, Suráfrica
Estadio(s)Loftus Versfeld
Capacidade51.762 espectadores
Adestrador Nollis Marais
Liga(s)Super Rugby
2015
Casa
Fóra
Na rede
http://www.thebulls.co.za/

Os Bulls son un equipo profesional de rugby fundado en 1997, que compite no Super Rugby representando ó norte da rexión de Transvaal, que ten a súa sede na cidade surafricana de Pretoria, e que xoga os seus partidos como local no estadio Loftus Versfeld. O equipo dos Bulls que xoga na primeira metade do ano no Super Rugby está construído sobre a base dos Blue Bulls que xogan na Currie Cup surafricana na segunda metade do ano, e ámbolos dous equipos están gobernados pola Northern Transvaal Rugby Union.

Estadio

Os Bulls xogan como locais no estadio Loftus Versfeld de Pretoria, estadio que foi inaugurado no ano 1923, renovado en 1977 e ampliado en 2008 por mor da Copa do Mundo de Fútbol 2010, acadando unha capacidade para acoller 51.762 persoas nas súas bancadas. Este recinto leva dende 1938 sendo o fogar do equipo Blue Bulls que compite na Currie Cup (a liga surafricana de rugby).

Xogadores

Estadio Loftus Versfeld, fogar dos Bulls.

Na tempada 2016 os Bulls contarán cos seguintes xogadores:

1ª Liña

Talonadores

2ª Liña

 

3ª Liña

Medios Melé

Aperturas

 

Centros

Ás

Zagueiros

  • En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.

Os xogadores mais salientables da historia dos Bulls son: Morné Steyn, Fourie du Preez, Victor Matfield, Bryan Habana, Derick Hougaard, Bakkies Botha Jannie de Beer ou Joost van der Westhuizen entre outros.

Traxectoria

A traxectoria dos Bulls no Super Rugby non puido ser mais complexa. Na primeira edición do torneo, en 1996, o equipo chegou ás semifinais, caendo fronte ós Auckland Blues. En 1999, 2001 e 2002 foi o peor equipo da competición, chegando mesmo a acadar un só punto en toda a liga da edición 2002. Non obstante, as cousas melloraron para o equipo de Pretoria, chegando de novo a unha semifinais no ano 2005. Entón caeu fronte ós NSW Waratahs. En 2006 caeu de novo nas semifinais, diante dos Crusaders. Foi en 2007 cando os Bulls acadaron a súa primeira final do Super 14, na que venceron ós Sharks facéndose co seu primeiro título. Tras un mal 2008, en 2009 chegou de novo á final, e de novo venceu, esta vez ós Waikato Chiefs. O terceiro e último título, polo de agora, chegou en 2010 coa vitoria na final fronte ós Stormers.

Tempadas Xog. Gañ. Emp. Per. Puntos Postos na Tempada Regular Resultados nos Playoffs
2016
2015 16 7 0 9 38 -
2014 16 7 1 8 38 -
2013 16 12 0 4 63 Semifinalista (caeu fronte ós Brumbies)
2012 16 10 0 6 59 Cuartofinalista (caeu fronte ós Crusaders)
2011 16 10 0 6 54 -
2010 13 10 0 3 47 CAMPIÓN (fronte ós Stormers)
2009 13 10 0 3 46 CAMPIÓN (fronte ós Chiefs)
2008 13 6 0 7 28 10º -
2007 13 9 0 4 42 CAMPIÓN (fronte ós Sharks)
2006 13 7 1 5 38 Semifinalista (caeu fronte ós Crusaders)
2005 11 7 0 4 34 Semifinalista (caeu fronte ós Waratahs)
2004 11 5 1 5 28 -
2003 11 6 0 5 30 -
2002 11 0 0 11 1 12º -
2001 11 2 0 9 11 12º -
2000 11 1 2 8 11 11º -
1999 11 1 0 10 7 12º -
1998 11 3 0 8 16 11º -
1997 11 3 3 5 22 -
1996 11 8 0 3 38 Semifinalista (caeu fronte ós Blues)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas