A tempada 2003 do Super 12 (actual Super Rugby) foi a 8ª edición da máxima competición mundial de rugby entre franquías, organizada no hemisferio Sur pola SANZAR, entre equipos de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica. Esta edición do torneo contou con 12 equipos, que disputaron unha tempada regular con 12 xornadas, seguida duns playoffs entre os 4 mellores equipos. O campionato foi gañado polos Blues, o equipo de Auckland que acadou así o seu 3º título, vencendo na final ós Crusaders de Christchurch.