O Sudán Anglo-Exipcio, refírese á maneira na que o Sudán foi administrado entre os anos 1899 e 1956, cando era cogobernado polo Reino de Exipto e o Reino Unido.
O norte do Sudán sempre tivo lazos lingüísticos, culturais, relixiosos e económicos con Exipto e tiña pertencido parcialmente ao mesmo en periódos intermitentes dende os tempos dos faraóns. Tendo en conta isto, no ano 1820, o waliMuhammad Ali Pasha segue unha política de expansión do reino exipcio moi agresiva invadindo o norte do Sudán. Esta campaña de expansión que buscaba a Unidade do val do Nilo, durará xeracións, sendo o neto de waliIsmail Pasha quen conquistaría a maior parte do resto do actual Sudán.