Trátase dunha plantaherbácea, pero de porte arbóreo, con aparencia de palmeira, orixinaria de Suráfrica e amplamente culivada en parques e xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola súa beleza.
Descrición
É unha planta semllante á plataneira (do xénero Musa) pero máis alta, xa que pode atinxir os 6 m de altura, e coa peculiaridad de que as súas follas só abren en dúas direccións. As follas son moi longas, de até 1,8 m, e de cor verde, algo agrisada cando son vellas, e xorden no extremo superior do caule, dispostas como un abano. A inflorescencia está protexida por unha bráctea de cor azul escura. A flor é máis grande que a de Strelitzia reginae]] (a famosa ave do paraíso), pois pode chegar até os 18 cm de longo, e está situada xusto por riba do punto onde emerxe o abano de follas do caule. Os sépalos son brancos e presentan unha "lingua" de cor azul purpúrea. As sementes son cápsulas triangulares.[1][2]
Strelitzia nicolai é unha das poucas plantas onde se demostrou a presenza do pigmentobilirrubina, que fundamentalmente se encontra nos animais.[3]
Esta planta adoita empregarse como ornamental en parques e xardins, e na decoración de espazos públicos, como centros comerciais, aeroportos etc.
O epíteto específico nicolai ("de Nicolao") está dedicado na honra do tsarNicolao I de Rusia, a proposta de von Reguel que, despois de acabar os seus estudos en Alemaña, serviu como director do Xardín Botánico Imperial Ruso de San Petersburgo, cidade na que morou até a súa morte, en 1892.
Sinonimia
Strelitzia alba subsp. nicolai (Regel & Körn.) Maire & Weiller.[1]
↑Gibbs Russell, G. E.; W. G. M. Welman; E. Retief; K. L. Immelman; G. Germishuizen; B. J. Pienaar; M. Van Wyk & A. Nicholas (1987): "List of species of southern African plants". Memoirs of the Botanical Survey of South Africa2 (1–2): 1-152.