Abano

Abano xaponés

Un abano[1], tamén denominado abanador ou abanico[2] é un instrumento para darse aire ó movelo dun lado a outro.

Coñécense relevos exipcios antigos mostrando o uso do abano en cerimonias do palacio. Os gregos convertérono nun instrumento de uso doméstico desde o século V a.C., e deles pasou o seu uso a etruscos e romanos. Os xaponeses inventaron o abano pregable no século VII, os portugueses levárono a Europa no século XV e no século XVII adoptou a forma actual.

Notas

  1. Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Coma sinónimos de abano no DRAG.