A letra foi escrita polo párroco Joseph Mohr e a melodía foi composta por Franz Xaver Gruber en 1818, na cidade de Oberndorf, onda Salzburgo, Austria, sendo interpretada por primeira vez na misa do Galo dese ano na parroquia de San Nicolás. A igrexa xa non existe, derrubada a principios do séculoXX por sufrir constantes inundacións. No seu lugar construíuse a capela memorial Stille-Nacht-Gedächtniskapelle, nunha cota 800 metros máis alta, e a pesar de albergar só 20 persoas, recibe arredor de 7.000 peregrinos ao ano.
Algunhas fontes din que Mohr creara a letra dous anos antes, en 1816; outros, que a escribiu camiño de Gruber, porque, en verdade, Mohr non estaba detrás do músico, senón dun instrumento para a misa de medianoite de 1818, xa que o órgano da súa parroquia tería roído o fol por ratas. Nesta versión, Mohr estaría moi preocupado pola falta dun instrumento e tería inspirado as súas letras no humilde nacemento en Belén.
Peter Husty, comisario da exposición "Silent Night 200 - The Story. The Message. The Present", no Museo de Salzburgo, afirmou que "Stille Nacht" transcende a relixión: "Narra a historia do nacemento de Xesucristo. Polo tanto, é unha canción relixiosa ao mesmo tempo que é pola paz no mundo ".[5] A canción transcendeu tamén as súas orixes austríacas desde o século XIX, influenciando diversas culturas e tradicións musicais a nivel mundial, entre elas, a galega. En 1900, a canción xa era coñecida en todo o mundo.
En portugués ten diversas versións con títulos distintos: "Noite feliz"[7] e "Noite de Paz",[8] e foron cantadas por numerosas cantantes e bandas como Xuxa, Sandy & Júnior, Roupa Nova ou Simone, e en especiais de Nadal como o da Rede Globo en 1989.
O historiador Felipe Senén criticou a influencia de panxoliñas estranxeiras como "Stille Nacht" sinalando nun artigo que poden eclipsar as celebracións do Nadal tradicional galego e cancións autóctonas.[10]