Stanley Milgram, nado en Nova York o 15 de agosto de 1933 e finado na mesma cidade o 20 de decembro de 1984, foi un psicólogo social estadounidense.
Traxectoria
Graduouse na Universidade Yale, onde conduciu os experimentos do mundo pequeno (a fonte do concepto do seis graos de separación) e o Experimento de Milgram sobre a obediencia á autoridade. De familia hebrea, o seu pai era húngaro e a súa nai romanesa.
Aínda que está considerado un dos máis importantes psicólogos do século XX, Milgram nunca estudou psicoloxía durante os seus estudos de ciencias políticas en Queens College, Nova York, onde se graduó en 1954. Presentouse a un posgrao en psicoloxía social na Universidade Harvard e foi rexeitado inicialmente por mor de falta de estudos de psicoloxía. Foi aceptado en 1954 despois de tomar seis cursos de psicoloxía e graduouse en 1960.
Morreu en 1984 dun ataque ao corazón á idade de 51 anos na súa cidade de nacemento, Nova York.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas