Spirou Charleroi
Spirou Charleroi
|
|
Información xeral
|
Liga
|
BNXT League
|
Alcume
|
Les Spirous
|
Fundación
|
1989
|
Historia
|
Spirou Monceau (1989-1990)
|
Cores
|
Vermello, branco, negro
|
Presidente
|
Jean-Jacques Cloquet
|
Adestrador
|
Brian Lynch
|
Seareiros
|
L'Esprit Spirou
|
Localización
|
Cidade
|
Charleroi, Bélxica
|
Pavillón
|
Spiroudome
|
Capacidade
|
6 300
|
Inauguración
|
5 de abril de 1992
|
Campionatos
|
Liga
|
10 (1996, 1997, 1998, 1999, 2003, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011)
|
Copa
|
5 (1996, 1999, 2002, 2003, 2009)
|
Supercopa
|
7 (1996, 1997, 1998, 2001, 2002, 2008, 2010)
|
spiroubasket.be
|
O Spirou Charleroi é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Charleroi (Hainaut, Valonia). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. Desde o ano 1996 é un dos equipos dominadores do baloncesto do seu país, chegando incluso a competir na Euroliga. Fundado en 1989, disputa os seus partidos como local no Spiroudome, pavillón con capacidade para 6 300 espectadores. O nome do equipo provén da revista de banda deseñada Spirou.
Historia
O Spirou Charleroifoi creado en 1989 sobre os cimentos do club Monceau. Renombrado "Spirou Monceau" en 1988 e "Spirou Charleroi" coa chegada do club da primeira división en 1989, o club de Charleroi converteuse rapidamente nun club de éxito. De feito, a partir da tempada 1992-1993 baixo a dirección do adestrador Giovanni Bozzi, o Charleroi terminou terceiro na fase regular do campionato, chegando a xogar as final polo título clasificándose contra o Racing Mechelen, o mellor equipo belga dos anos 1980 e 1990, perdendo por 3-2. Desde aquelas o Spirou converteuse nun dos dominadores do baloncesto belga, gañando dez Ligas (1996–99, 2003, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011), cinco Copas (1996, 1999, 2002, 2003, 2009) e tres Supercopas (2001, 2002, 2008). O 29 de xullo de 2014 Jacques Stas converteuse no adestrador do equipo substituíndo no posto a Giovanni Bozzi, o cal substituíu o propio Stas como presidente.
Nomes
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Spirou Monceau (1989–1990)
- Spirou Charleroi (1990–2011)
- Belgacom Spirou (2011–2014)
- Proximus Spirou (2014–2018)
Palmarés
Liga de Bélxica
- Campión (10): 1996, 1997, 1998, 1999, 2003, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011
Copa de Bélxica
- Campión (5): 1996, 1999, 2002, 2003, 2009
Supercopa de Bélxica
- Campión (7): 1996, 1997, 1998, 2001, 2002, 2008, 2010
Históricos
Xogadores
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|