Valonia,[1][2] oficialmente a Rexión Valoa, é unha das tres rexións da Bélxica. A rexión representa ao 33% da poboación e ao 55% do territorio do país. A lingua maioritaria da rexión é o francés, aínda que existe unha pequena comunidade xermanófona no leste do país. Como as outras rexións, a rexión de Valonia posúe o seu propio goberno e parlamento tendo funcións propias limitadas e definidas pola constitución belga. A capital da rexión é a cidade de Namur.
Divisións administrativas
A rexión de Valonia atópase dividida en 5 provincias: