Dayon Demond Mallet, nado o 22 de febreiro de 1978 en Leesville, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 1,88 metros xogaba na posición de base.
Traxectoria
Tras deixar a universidade, Mallet xogou cos Detroit Pistons a NBA Summer League de 2001. Ó ano seguinte xogou de novo a Summer League, desta vez cos Boston Celtics. O 6 de xullo de 2007, anunciouse a súa fichaxe polo Joventut Badalona da Liga ACB, onde gañou unha Copa do Rei e a Copa ULEB.[1] O 29 de xullo de 2014, regresou a Badalona para a súa segunda etapa no equipo catalán.[2] O 21 de febreiro de 2018, Mallet anunciou a súa retirada do baloncesto tras 17 anos no baloncesto profesional.[3] O seu derradeiro equipo foi o SLUC Nancy francés, onde xogou os últimos meses da tempada 2016-17.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas