Dirixiu, guionizou e produciu as curtametraxes: Perversa Lola, Leo e Mario (déixanse), Ei, guapa! para a longametraxe colectiva Visións da Deputación de Pontevedra, As damas negras e Conversa cunha muller morta. Estas últimas premiadas co premio Mestre Mateo a Mellor Curtametraxe nos anos 2011 e 2012 entre múltiples premios e distincións.
Desde 2014 idea e dirixe o festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, primeiro festival de webseries e contidos dixitais de España.[4] Xunto á produtora Nati Juncal Portas creou en 2018 Cósmica Producións.[5] Xa con Cósmica, dirixiu e guionizou a serie Antes de perder para Playz-RTVE que tamén foi premiada co Mestre Mateo á mellor serie web en 2020 e a longametraxe documental A poeta analfabeta sobre a poeta, feminista e activistagalegaLuz Fandiño, estreado no festival Cineuropa de Santiago de Compostela, premios CREA a Mellor Dirección na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) e finalista candidato a Mellor Documental nos XX Premios Mestre Mateo e que está actualmente en distribución.
En 2024 escribiu e dirixiu a súa primeira longametraxe, As Neves, estreada o 10 de maio de 2024.[7]
É vicepresidenta da Academia Audiovisual Galega, membro da Asociación de Directores e Directora de Galicia (CREA) e da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG).[8]