Skedsmo é un concello do condado de Akershus, Noruega. O concello limita ó norte con Nittedal, Gjerdrum e Ullensaker, ó leste con Sørum e Fet, ó sur con Rælingen e Lørenskog e ó oeste con Oslo. Dentro dos límites do concello está Lillestrøm que ten status de cidade desde 1998. Outras localidades son Skjetten, Strømmen, Skedsmokorset, Kjeller, Tuterud e Leirsund.