Nes é un concello do condado de Akershus, Noruega. O municipio limita ó norte con Eidsvoll e Nord-Odal, ó leste con Sør-Odal e Eidskog, ó sur Aurskog-Høland e Sørum, e ó oeste con Ullensaker.
Lugares
No norte do concello, na aldea de Fenstad están as esclusas de Svanfossen que regulan o Mjøsa, o maior lago noruegués. Outros lugares son Årnes, a capital municipal, Vormsund, Auli, Haga, Opakermoen, Skogbygda, Brårud, Fjellfoten, Tomteråsen e Neskollen.
Monumentos
A antiga igrexa de Nes, agora en ruínas, en Vormsund, onde conflúen os ríos Gomma e Vorma, data do século XII e era unha das tres igrexas da rexión de Romerike, pese a estar en ruínas aínda se lle dá uso para servizos relixiosos, vodas e concertos.
Medios de comunicación
Raumnes é o xornal local de Nes, o Romerikes Blad e Glåmdalen contan tamén con páxinas locais de Nes.