Ås é un concello do condado de Akershus, Noruega. O concello limita cos de Vestby, Frogn, Oppegård, Ski e Hobøl. O centro administrativo é a vila de Ås, outros lugares importantes son Kroer e Vinterbro. No municipio ten a súa sede a Universidade Norueguesa de Ciencias da Vida e o máis coñecido parque de atraccións do país, o Tusenfryd.