Sistema métrico

O sistema métrico decimal ou de xeito sinxelo sistema métrico é un sistema de unidades baseado no metro, no cal os múltiplos e submúltiplos dunha unidade de medida están relacionadas entre si por múltiplos ou submúltiplos de 10.

Foi implantado pola 1ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (París, 1889), co que se pretendía buscar un sistema único para todo o mundo para facilitar o intercambio, xa que ata entón cada país, e ata cada rexión, tiña o seu propio sistema, a miúdo coas mesmas denominacións para as magnitudes, pero con distinto valor.

Como unidade de medida de lonxitude adoptouse o metro, definido como a dez millonésima parte do cuadrante do meridiano terrestre, cuxo patrón reproduciuse nunha barra de platino iridiado exposto no Museo de pesas e medidas de Sèvres (París). Fíxose unha copia para cada un dos vinte países asinantes do acordo.

Como medida de capacidade adoptouse o litro, equivalente ó decímetro cúbico.

Como medida de masa adoptouse o quilogramo, masa dun litro de auga pura.

Ademais adoptáronse múltiplos (deca, 10; hecto, 100; quilo, 1.000; miria, 10.000) e submúltiplos (deci, 0,1; centi, 0,01; mili, 0,001) e un sistema de notación para empregalos.

Actualmente substituíuse polo Sistema Internacional de Unidades (SI) ó que se adheriron moitos dos países que non adoptaron o Sistema Métrico Decimal.

Historia

A proliferación dun amplo número de sistemas de medición arbitrarios era unha das causas máis frecuentes de disputas entre mercadores e entre os cidadáns e os funcionarios do fisco. Na medida que a maioría das nacións europeas convertíanse en países unificados, cunha única moeda e un mercado común, o incentivo económico para o cambio e o poder político para facelo permitiron que se revertera esta situación e se normalizara un sistema de medidas.

A primeira adopción oficial de tal sistema ocorreu en Francia en 1791 logo da Revolución Francesa de 1789. A Revolución, coa súa ideoloxía oficial da razón pura facilitou este cambio.

O sistema derivábase das propiedades de obxectos da natureza, concretamente, o tamaño da Terra e o peso da auga, e en relacións sinxelas entre unha unidade e a outra. A fin de determinar coa maior precisión posible o tamaño da Terra, enviáronse varios equipos ó longo de varios anos para medir a lonxitude dun arco de meridiano terrestre tan longo como fose posible. Decidiuse medir a lonxitude do meridiano que vai desde a torre do forte en Montjuïc, en Barcelona a Dunquerque, que era o segmento máis longo totalmente sobre terra case totalmente dentro de territorio francés. É destacable que a pesar que durante o proceso de medición houbo ocasionais hostilidades entre Francia e España, o desenvolvemento do novo sistema de medidas considerouse de tal importancia que o grupo de medición francés foi escoltado por tropas españolas dentro de España a fin de asegurar a continuidade da medición.

O proceso culminou na proclamación o 22 de xuño de 1799 do sistema métrico coa entrega ós Arquivos da República dos patróns do metro e o quilogramo, confeccionados en aliaxe de platino, presenciados por funcionarios do goberno francés e de varios países invitados e moitos dos máis famosos sabios da época.

Posteriores melloras na medición tanto do tamaño da Terra como das propiedades da auga resultaron en discrepancias cos patróns. A Revolución Industrial estaba xa en camiño e a normalización das pezas mecánicas, fundamentalmente parafusos e porcas, era da maior importancia e estes dependían de medicións precisas. Malia que as discrepancias que se atoparon quedarían totalmente enmascaradas nas tolerancias de fabricación da época, cambiar os patróns de medida para axustarse ás novas medicións era pouco práctico, particularmente cando novos e mellores instrumentos acabarían atopando novos valores cada vez máis precisos. Por iso decidiuse romper coa relación que existía entre os patróns e as súas fontes naturais de tal forma que os patróns en si convertéronse na base do sistema e permaneceron como tales ata 1960 en que o metro foi redefinido de novo en función de propiedades físicas e logo, en 1983, cando se redefiniu como o espazo que percorre a luz nunha certa fracción de segundo. Desta forma, o metro recobrou a súa relación cun fenómeno natural, esta vez realmente inmutable e universal. O quilogramo, con todo, permanece formalmente definido baseándose no patrón que xa ten dous séculos de antigüidade.

O sistema métrico orixinal adoptouse internacionalmente na Conferencia Xeral de Pesos e Medidas de 1889 e derivou no Sistema Internacional de medidas. Actualmente, aproximadamente o 95% da poboación mundial vive en países en que se usa o sistema métrico e os seus derivados, e aínda hai pouco que a NASA decidiu usar só o sistema métrico nas súas viaxes á Lúa

Adopción do sistema

Case todos os países europeos adoptárono aos poucos, pero o Reino Unido resistiuse durante moito tempo, así como os Estados Unidos, que conservaron ata moi recentemente as súas unidades de medida tradicionais.

O Reino Unido é un caso curioso porque, mentres as nacións continentais ían adoptando o sistema métrico, fixo un esforzo de unificación das súas unidades de medida tradicionais, ata entón distintas de rexión a rexión, como no resto do mundo; entón, impuxo o chamado sistema imperial (1824). Doutra banda, foi pioneiro nun sistema máis completo de unidades, baseado no sistema métrico, con miras máis amplas que o comercio e a industria, o sistema CGS, e pouco máis tarde adoptou oficialmente o sistema métrico, en 1884, sen que ata agora cambiasen moitos dos usos das unidades de medida tradicionais. Pola súa banda os Estados Unidos, tras a súa independencia, tamén fixeron un esforzo de unificación das súas medidas tradicionais (en teoría iguais ás inglesas), pero definindo as unidades de modo que algunhas das unidades de medida imperiais son distintas ás dos Estados Unidos.

  • En España, o metro adoptouse como unidade fundamental de lonxitude pola Lei do 19 de xullo de 1849.[1] Ese ano creouse para o efecto un órgano consultivo do Goberno, a Comisión de Pesos e Medidas cuxos traballos deron lugar ás equivalencias entre as pesas e medidas españolas e o sistema métrico. Publicáronse tales equivalencias por Real Orde do 9 de decembro de 1852.[2] Finalmente, o Real Decreto do 14 de novembro de 1879 estableceu a obrigatoriedade do sistema decimal a partir de xullo de 1880.[3]

Co tempo, os distintos países foron adoptando o sistema, xa na súa versión Sistema Internacional de Unidades, e raros son os países que actualmente non o adoptaron oficialmente (concretamente tres: os Estados Unidos de América, Birmania e Liberia), aínda que en moitos outros se mantén o uso de medidas do sistema anglosaxón, por influxo dos Estados Unidos ou mesmo de sistemas anteriores.

Obxectivos

O sistema métrico deseñouse tendo en conta varios obxectivos.

Neutro, universal e invariable

Os deseñadores do sistema métrico querían que fose o máis neutral posible para facilitar o seu máis ampla adopción. Cando se estaba desenvolvendo o sistema métrico, Francia utilizaba o calendario republicano que xa comezaba a caer en desuso e foi finalmente abolido en 1806 debido a dous fallos fundamentais de deseño: as datas contábanse a partir do día da proclamación da Primeira República Francesa e os nomes dos meses baseábanse en eventos puramente locais como brumaire (brumoso) ou nivose (nevado), condicións locais que non se daban nin sequera na totalidade do territorio francés.

Outras unidades da época derivábanse do longo do pé dalgún gobernante e frecuentemente cambiaban trala súa sucesión. As novas unidades non haberían de depender de tales circunstancias nacionais, locais ou temporais.

Calquera laboratorio debía poder reproducilas

A forma habitual de establecer unha norma era facer os patróns de medida correspondentes e distribuír copias deles. Isto faría ao novo estándar dependente dos patróns orixinais e entraría en conflito co obxectivo previo pois todos os países haberían de referir os seus patróns ao patrón do país que tivese os orixinais.

Os deseñadores desenvolveron definicións das unidades básicas de tal forma que calquera laboratorio equipado adecuadamente podería facer os seus modelos propios. Orixinalmente as unidades base deriváronse do longo dun segmento de meridiano terrestre e a masa de certa cantidade de auga. Por iso descartáronse, como base da medida de lonxitude, o longo dun péndulo dun certo período, pois varía coa latitude e iso obrigaría a definir unha certa latitude ou o longo dun segmento do ecuador, en lugar dun segmento dun meridiano calquera, pois non todos os países teñen acceso a calquera latitude.

Practicidade

As novas unidades de medida deberían ser próximas a valores de uso corrente naquel entón. Era de supoñerse que o metro próximo á vara ou iarda, habería ser máis popular que a fallada hora decimal do calendario republicano francés.

Definición

Sobre a base do prototipo internacional de platino en vigor dende 1889, o metro definiuse dende a XI Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (1960) a partir da lonxitude de onda da radiación do Cripton 86 coa fin de mellorar a súa precisión. Na XVII Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (1983), foi substituída pola actual definición:

O metro é a lonxitude do camiño percorrido nun espazo baleiro pola luz durante 1 / 299.792.458 segundos.[4]

Múltiplos decimais

Todos os múltiplos e submúltiplos das unidades bases serían en base a potencias decimais. Nin as fraccións serían a medias, como é o caso actualmente coas fraccións de polgada, nin os múltiplos terían relacións diferentes que potencias de dez, tal como é o caso do que equivale a doce polgadas. Cabo destacar que a decimalización séguese impoñendo aínda en países que utilizan outras bases de medida, tal como foi o caso da decimalización da Libra tanto a británica como a irlandesa en 1971 ou a aínda máis recente (2000-2001) decimalización das fraccións nos prezos das accións nas bolsas de valores dos Estados Unidos.

Vale a pena mencionar que o sistema métrico tamén definía unha unidade de base decimal para a medida de ángulos, o gon ou grad no cal o ángulo recto divídese en 100 gons en lugar dos 90 do sistema sesaxesimal e onde cada gon divídese en 100 minutos e cada minuto en 100 segundos. De feito, o quilómetro é a lonxitude dun arco de meridiano terrestre que abarca un gon de latitude. Isto é similar á definición dunha milla náutica que é a lonxitude dun arco dun minuto sesaxesimal de latitude.

Ao contrario, o sistema métrico non definiu ningunha unidade decimal de medida de tempo pois isto formaba parte do xa mencionado calendario republicano no cal un día dividíase en 10 horas e caeu en desuso xunto con este.

Prefixos comúns

Todas as unidades derivadas haberían de usar un mesmo conxunto de prefixos para indicar cada múltiplo. Por exemplo, quilo usaríase tanto para múltiplos de peso (quilogramo) como de lonxitude (quilómetro) en ambos casos indicando 1000 unidades base. Isto non evitou que se seguisen usando unidades xa arraigadas como a tonelada de 20 quintais (2.500 lb ou 1150,2 kg e logo tonelada métrica) ou o quintal de 5 arrobas (125 lb ou 57,51 kg e despois quintal métrico, 100 quilos) que, en ambos os dous casos redondeáronse a valores achegados a unidades métricas.

Táboa completa de prefixos

Pode consultarse a táboa completa de sufixos. Ver.

Notas

  1. Ley, estableciendo un solo sistema de medidas y pesas en todos los dominios españoles.
  2. "Real Orden de 9 de diciembre de 1852, por la que se determinan las tablas de correspondencia recíproca entre las pesas y medidas métricas y las actualmente en uso (Diccionario jurídico-administrativo. Madrid, 1858)" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xuño de 2012. Consultado o 17 de xullo de 2014. 
  3. Con todo, certas medidas seguiron, e seguen, usándose ata tempos recentes, tanto as medidas tradicionais no campo ( arroba, fanega), como outras, como o cuartillo que, por ser case exactamente medio litro, era moi cómoda de usar.
  4. "Resolución 1 da XVII Conferencia Xeral de Pesos e Medidas". (en francés)


Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bureau International des Poids et Mesures (BIPM) (en francés)

Read other articles:

Asteriornis Periode Maastrichtian Akhir66.8–66.7 jtyl PreЄ Є O S D C P T J K Pg N ↓ TaksonomiKerajaanAnimaliaFilumChordataKelasAvesGenusAsteriornis Field et al. 2020 Tipe taksonomi†Asteriornis maastrichtensisField et al. 2020 lbs Asteriornis (burung Asteria[1]) adalah genus burung yang punah dari Belgia dari masa Kapur Akhir yang dikenal dari satu spesies tunggal, Asteriornis maastrichtensis. Asteriornis maastrichtensis terkait erat dengan burung-burung superorder Gal...

 

Prasasti gading dari akhir abad ke-8 melukiskan Kristus menginjak binatang buas, menggambarkan Mazmur 91:13[1] Mazmur 91 (Penomoran Septuaginta: Mazmur 90) adalah mazmur terakhir dalam bagian ke-4 Kitab Mazmur di Alkitab Ibrani dan Perjanjian Lama dalam Alkitab Kristen. Tidak dicatat nama penggubahnya.[2][3] Teks Naskah sumber utama: Masoretik, Septuaginta dan Naskah Laut Mati. Pasal ini tertulis dalam bahasa Ibrani. Pasal ini terdiri dari 16 ayat. Dalam versi Terjemah...

 

3 Peas in a PodPoster filmSutradaraMichelle ChongProduserMichelle Chong Pauline Yu Irving ArtemasDitulis olehMichelle ChongPemeranAlexander Lee EusebioJae LiewCalvin ChenSinematograferGerald StahlmanPerusahaanproduksiHuat Films Pte LtdTanggal rilis14 November 2013 (2013-11-14)NegaraSingapuraAustraliaBahasaInggrisMandarin 3 Peas in a Pod adalah film Singapura-Australia yang dirilis pada tanggal 14 November 2013. Film ini dibintangi oleh Alexander Lee Eusebio, Jae Liew, dan Calvin Chen. Fi...

Technique for forming glass A glassworker blows air into the glass, creating a cavity inside Glassblowing is a glassforming technique that involves inflating molten glass into a bubble (or parison) with the aid of a blowpipe (or blow tube). A person who blows glass is called a glassblower, glassmith, or gaffer. A lampworker (often also called a glassblower or glassworker) manipulates glass with the use of a torch on a smaller scale, such as in producing precision laboratory glassware out of b...

 

Serbie centrale Централна Србија (sr-Cyrl) Administration Pays Serbie Statut politique Division administrative ne bénéficiant pas d'autonomie. Capitale Belgrade Démographie Population 5 108 463 hab. (2011) Densité 91 hab./km2 Géographie Coordonnées 44° 49′ 14″ nord, 20° 27′ 44″ est Superficie 55 968 km2 Divers Fuseau horaire UTC +1 modifier  La Serbie centrale (en serbe : Centralna Srbij...

 

SMP Negeri 21 SemarangInformasiDidirikan1977AkreditasiAKepala SekolahJoko Winarno, M.PdRentang kelasVII, VIII, IXKurikulumKurikulum 2013 dan Kurikulum MerdekaAlamatLokasiJl. Karangrejo No.12 Semarang, Semarang, Jawa Tengah, IndonesiaTel./Faks.024-7471554Situs webhttps://smpn21.semarangkota.go.id/MotoMotoMAJU (Mandiri Aspiratif Jujur Unggul) SMP Negeri 21 Semarang adalah salah satu sekolah menengah pertama negeri yang terletak di Jl Karang Rejo Raya No. 12 Semarang, Jawa Tengah, Indo...

Клавдиева таблица в Галло-римском музее Лиона. Кла́вдиева табли́ца или кла́вдиевы табли́цы — запись речи, произнесённой в 48 году римским императором Клавдием перед римским Сенатом. От этой речи сохранились 2 фрагмента, обнаруженные в лионском районе Круа-Русс в 1528 году. ...

 

Kejuaraan Eropa UEFA 1992Europamästerskapet i fotbollSverige 1992Logo resmi Kejuaraan Eropa UEFA 1992Informasi turnamenTuan rumahSwediaJadwalpenyelenggaraan10 Juni – 26 JuniJumlahtim peserta8Tempatpenyelenggaraan4 (di 4 kota)Hasil turnamenJuara Denmark (gelar ke-1)Tempat kedua JermanStatistik turnamenJumlahpertandingan15Jumlah gol32 (2,13 per pertandingan)Jumlahpenonton430.111 (28.674 per pertandingan)Pencetak golterbanyak Dennis Bergkamp Tomas Brolin Henrik Larsen...

 

Rabbinic literatureTalmud Readers by Adolf Behrman Talmudic literature Tannaitic Mishnah Tosefta Amoraic (Gemara) Jerusalem Talmud Babylonian Talmud Later Minor Tractates Halakhic Midrash Exodus Mekhilta of Rabbi Ishmael Mekhilta of Rabbi Shimon bar Yochai Leviticus Sifra (Torat Kohanim) Numbers and Deuteronomy Sifre Sifrei Zutta on Numbers (Mekhilta le-Sefer Devarim) Aggadic Midrash Tannaitic Seder Olam Rabbah Alphabet of Rabbi Akiva Baraita of the Forty-nine Rules Baraita on the Thirty-two ...

1928 film BlockadeFilm posterDirected byGeorge B. SeitzThomas Atkins (assistant)Written byGeorge LeMaireLouis SareckyStarringAnna Q. NilssonCinematographyRobert MartinEdited byArchie MarshekDistributed byFilm Booking Offices of America (FBO)Release date December 16, 1928 (1928-12-16) Running time70 minutesCountryUnited StatesLanguagesSound (Part-Talkie)English Intertitles Blockade is a 1928 American sound part-talkie drama film directed by George B. Seitz.[1] In additio...

 

Policy on permits required to enter Indonesia This article is part of a series on thePolitics ofIndonesia National government Constitution of Indonesia Law Taxation Pancasila (national philosophy) Executive President of Indonesia Joko Widodo (PDI-P) Vice President of Indonesia Ma'ruf Amin (Ind.) Cabinet Regional government Governors Legislature People's Consultative Assembly Speaker Bambang Soesatyo (Golkar) House of Representatives Speaker Puan Maharani (PDI-P) Regional Representative Counci...

 

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: コルク – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2017年4月) コルクを打ち抜いて作った瓶の栓 コルク(木栓、�...

РамануджаRāmānuja Имя при рождении Рамануджа Дата рождения 1017 или 1077 Место рождения Шриперумбудур Дата смерти 1137 или 1157 Место смерти Шрирангам Подданство Чола (государство) Род деятельности брахманы Отец Кешава Сомая Мать Кантхиматхи  Медиафайлы на Викискладе �...

 

此条目序言章节没有充分总结全文内容要点。 (2019年3月21日)请考虑扩充序言,清晰概述条目所有重點。请在条目的讨论页讨论此问题。 哈萨克斯坦總統哈薩克總統旗現任Қасым-Жомарт Кемелұлы Тоқаев卡瑟姆若马尔特·托卡耶夫自2019年3月20日在任任期7年首任努尔苏丹·纳扎尔巴耶夫设立1990年4月24日(哈薩克蘇維埃社會主義共和國總統) 哈萨克斯坦 哈萨克斯坦政府...

 

V корпус армії СШАV Corps (United States) Нарукавний шеврон корпусуНа службі 18 травня 1862–1865; 1898; 1918–1919; 1940 — 2013Країна  СШАНалежність Регулярна армія СШАВид Армія СШАТип армійський корпусРоль сухопутні військаЧисельність корпусУ складі Європейська армія СШАГарнізон/Штаб...

Nama ini menggunakan cara penamaan Portugis. Nama keluarga pertama atau maternalnya adalah Olímpio dan nama keluarga kedua atau paternalnya adalah Gomes. Major Olímpio Senator untuk São PauloMasa jabatan1 Februari 2019 – 18 Maret 2021Menjabat bersama Mara Gabrilli, José SerraPemimpin Senat Partai Sosial LiberalMasa jabatan1 Februari 2019 – 18 Maret 2021PenggantiSoraya ThronickeDeputi Federal untuk São PauloMasa jabatan1 Februari 2015 – 1 Febru...

 

Video game engine id Tech 3Quake III, the engine's parent gameDeveloper(s)id SoftwareStable release1.32b / August 19, 2005; 18 years ago (2005-08-19) Repositorygithub.com/id-Software/Quake-III-ArenaWritten inC(rewritten 14% in C++)PlatformWindows, Mac OS, OS X, Linux, Dreamcast, GameCube, Nintendo Switch, PlayStation 2, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox, Xbox 360, iOS, AndroidPredecessorQuake II engineSuccessorid Tech 4, IW engineLicenseGNU GPL-2.0-or-laterWebsitewww.idsoft...

 

من الباندا والناس Of Pandas and People: The Central Question of Biological Origins معلومات الكتاب المؤلف دين كينون وبرسيفال ديفيس اللغة إنجليزية الناشر مؤسسة للفكر والأخلاق تاريخ النشر 1989 الموضوع تصميم ذكي  التقديم عدد الصفحات 170 المواقع ردمك ISBN 0-914513-40-0 OCLC 27973099  تعديل مصدري - تعديل   من الباندا...

Lambang Kenegaraan Hindia Belanda Sepak bola di Hindia Belanda adalah masa-masa kejayaan sepak bola di Indonesia pada zaman penjajahan Belanda. Masa penjajahan Belanda di nusantara ikut berperan dalam memperkenalkan masyarakat Hindia Belanda kepada olahraga-olahraga yang sedang marak di Eropa seperti kriket dan sepak bola. Sama halnya seperti di Eropa pada waktu itu, di Hindia Belanda pun mulai berdiri klub atau perkumpulan olahraga yang sebagian besar didirikan oleh ekspatriat atau orang Bel...

 

Style of Arabic script The classical Kufic[1] script of the Blue Quran.[2] Part of a series onArabic culture ArchitectureStyles Islamic Yemeni Nabataean Umayyad Abbasid Fatimid Moorish Mamluk Features Ablaq Alfiz Arabesque Arabic dome Banna'i Gardens Girih Horseshoe arch Howz Hypostyle Islamic calligraphy Islamic geometric patterns Islamic ornament Iwan Liwan Mashrabiya Riad Mosaic Multifoil arch Muqarnas Nagash painting Qadad Reflecting pool Riwaq Sahn Socarrat Stucco decorat...