A SinfonÃa nº 6 de Mahler foi composta entre os anos 1903 e 1904. A estrea da obra realizouse en maio de 1906 en Essen .
Estrutura
Trátase da sinfonÃa de Mahler máis escura e cun estilismo musical decididamente tenebroso. Estruturalmente falando segue o esquema dunha sinfonÃa clásica, por contar con catro movementos. Mais o desenvolvemento e ordenación destes son innovadores.
Allegro energico
Tradicionalmente o primeiro movemento das sinfonÃas era unha sonata . Mahler emprega tamén unha sonata nesta sinfonÃa, mais en vez de empregar a estrutura tripartita clásica A(Exposición)-B(Desenvolvemento)-A'(Conclusión) , engade unha coda ó final do movemento. Esta coda continúa os temas traballados no desenvolvemento, quedando o esquema final A-B-A'-B' . Neste parte desenvólvense e mestúranse ata cinco motivos musicais diferentes:
Marcha disfórica . É un dos elementos máis representativos da música de Mahler. Saca o seu poder expresivo da súa mesma incongruencia: unha marcha militar, que en teorÃa anima os soldados a avanzar, é musicada de tal xeito que mostra o avance imparable do home nun medio hostil e preso de malos agoiros.
Coral pastoral . Obtense a partir de mesturar dous xéneros contraditorios: a pastoral que reflicte a vida feliz e apracible no medio nunha natureza idealizada, e a coral, canción de orixe litúrxica protestante e que era empregada no romanticismo como sinal de transcendencia.
Motivo lÃrico . De gran semellanza cunha serenata clásica. Mahler imprÃmelle un sentido de transcendencia, non necesariamente amoroso ou relixioso.
Música distante . Este motivo musical é marcado polos violÃns en modo pianississimo . Dalgún xeito representa a fuxida de home cara a outro mundo; tal e como fixeran nas súas obras Verdi e Wagner . Tamén reforza esta sensación a presenza (sorprendente nunha sinfonÃa) da celesta ou os Chocallos . Estes instrumentos, de acordo con Mahler, son un sÃmbolo doutro mundo, no que o home solitario se atopa coa eternidade.
Selo maior-menor . Mahler emprega este efecto coma un descoloramento dun acorde. Este efecto de selo convértese nun emblema estilÃstico. Ten unha función dramatúrxica e estrutural, aparece en momentos estratéxicos da narración.
Scherzo
Exemplo de pintura negra de Goya.
A estrutura é A-B-A-B-AA-Coda, onde o A é o scherzo propiamente dito e as B son trÃos que complementan o movemento.
Tradicionalmente o scherzo era o terceiro movemento das sinfonÃas, e o movemento lento (adagio ) o segundo. Neste caso Mahler inverte as posicións.
A diferenza dos scherzos clásicos que tiñan aire de broma ou parodia , os scherzos románticos son lúgubres e escuros. Bos exemplos son os scherzos de Brahms ou Chopin . Mahler, seguindo a tendencia da época presenta un scherzo desasosegante. Este desasosego é transmitido por uns acordes que non paran de escoitarse e pola repetición obsesiva dos acordes. Ademais a instrumentación axuda a acadar esta atmosfera; asà empréganse trompas e violÃns (para imitar berros), os trilos dos instrumentos de madeira (sÃmbolo de burla), o tam-tam (sÃmbolo da morte ), os clarinetes (nun tempo fortississimo suxerindo ridiculez ou absurdo) e as frautas e as cordas (recreando risos sinistros). Finalmente, a harmonÃa e irregular e disonante, facendo que o oÃnte non poida apreciar patróns no desenvolvemento musical. O significado semántico do scherzo parece situarse no terreo metafÃsico , mostrando unha obsesión coa morte e a relación tensa e complexa entre o autor e o mundo. A este scherzo de Mahler téñenselle atopado similitudes no ton e na intención cos Kindertotenlieder ou, na ambientación, cos augafortes de Goya .
Andante moderato
Extracto da partitura da SinfonÃa Nº6.
Pasaxe chea de ambigüidade e ironÃa . Ten unha estrutura moi semellante á do scherzo: A1 -B1 -A2 -B2 -A3 . Mais aquà as partes B teñen un carácter desenvolvedor de A. A melodÃa , ó comezo, é simple, como indicando intimidade. Posteriormente sobe disonantemente interrompido o ritmo de maneira agresiva, desembocando finalmente nuns acordes moi lentos. O andante complementa a visión dos movementos anteriores. Ó principio parece triunfar un motivo lÃrico que asemella asimilar todas as tensión anteriores e transcendelas. Porén, a firmeza do lirismo exposto e os diversos saltos en ritmo e tonalidades parecen mostrar un escepticismo sobre a posibilidade de acadar tal transcendencia.
Finale
É o movemento de maior duración e pecha e condensa todas as partes anteriores. Formalmente trátase dunha sonata clásica, mais Mahler desenvolve todos os temas anteriormente mostrados, combinándoos nun ritmo e desenvolvemento que formalmente non son lóxicos.
Nesta parte introdúcense os martelos, que Mahler coñecÃa ben do teatro e que el introduce na linguaxe sinfónica. O martelo xa se empregaba na ópera para facer referencia a elementos da narración dramática. Como exemplo pódese citar Das Rheingold (O ouro do Rhin ) de Wagner , Il trovatore (O trobador ) de Verdi ou o Benvenuto Cellini (Benvido Cellini ) de Berlioz . Porén, Mahler emprega os martelos dun xeito metafórico, para simbolizar os golpes do destino sobre o home ou o artista , que finalmente é derrubado.
En xeral o ambiente deste movemento é dunha densidade inabarcable para o oÃnte. Ademais, son frecuentes os colapsos , moi caracterÃsticos na linguaxe musical de Mahler: momentos nos que o ritmo e os acordes musicais chegan a unha catarse , e derrúbanse creando unha atmosfera pesimista e de mal agoiro.
Véxase tamén
BibliografÃa