Silvania é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Sumapaz, a 44 km de Bogotá. Na época da conquista española coñecíase como Subia ou Uzathama e era habitado polos sutagaos. O actual concello foi fundado por Ismael Silva o 21 de febreiro de 1935.
Historia
Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Silvania estivo habitado polos sutagaos. En 1608 foron adxudicadas estancias de gando a Francisco Gómez de la Cruz, que tempo despois se converteron na Facenda El Chocho. O 21 de febreiro de 1935, baixo a dirección de Ismael Silva, foi fundada nova vila, iniciando o trazado do parque principal e as principais rúas. Ese ano construíronse seis casas, que foron as primeiras do concello. O 10 de febreiro de 1936 os directores do “Comité Central de Silvania” expedía, ó cumprir o seu primeiro ano, o nome ó Concello de Silvania, como recoñecemento e en gratitude dos esforzos do fundador deste casarío.[1]