Agua de Dios é un concello colombiano de Cundinamarca que se atopa na provincia do Alto Magdalena, a 114 km ó suroeste de Bogotá. Limita polo oeste e polo norte con Tocaima; polo sur con Ricaurte e Nilo e polo leste con Nilo.
Toponimia
O topónimo de Agua de Dios ten a súa orixe nas augas termais situadas no lugar coñecido como "Los Chorros". Dise que os primeiros en descubrir esas termais, exclamaron: «Isto é auga de Deus!»
Historia
A fundación de Agua de Dios débese ás políticas de illamento para as persoas afectadas pola enfermidade da lepra, que datan do século XVII. Un grupo de enfermos de lepra foron desterrados polos habitantes da poboación de Tocaima, polo medo a ser contaxiados, véndose os enfermos obrigados a ocupar os terreos que o estado colombiano comprar no ano de 1867, e que eran propiedade de expresidente dos Estados Unidos de Colombia, Manuel Murillo Toro. Os devanditos terreos foron destinados como lazareto, e a fundación efectuouse o 10 de agosto de 1870.