Girardot é unha das cidades máis importantes de Cundinamarca pola súa poboación, centros de educación superior, economía e extensión urbana. Tamén é unha das cidades con máis afluencia de turistas e poboación flotante do país. Girardot conforma unha conurbación xunto cos conellos de Flandes e Ricaurte, que suman unha poboación de 144.248 habitantes.