Esta lúa é o membro máis grande do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Siarnaq ten ó redor de 40 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 17,531 millóns de kms en 895 días. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representado polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro.
Siarnaq amosa un vermello claro e o seu espectro infravermello é moi semellante ó de Kiviuq e ó de Paaliaq, o cal soporta a tese dunha posible orixe común do Grupo Inuit a partir do esnaquizamento dun corpo máis grande[4][8][9].
Siarnaq semella estar nunha resonancia secular con Saturno, que incluiría a precesión da súa periapse e a do planeta.[10][1] Os estudos sobre estas resonancias son a chave para entende-los mecanismos para a capturas destas lúas irregulares, e asumindo unha orixe en común a partir dun corpo proxenitor, explicarían a actual dispersión dos elementos orbitais.