Sharon Shannon nada en Ruan (condado de Clare) o 12 de novembro de 1968, é unha compositora e intérprete irlandesa.[1]
Traxectoria
Toca o acordeón, o violín o tin whistle e mais o acordeón diatónico ou trikitixa. Baseada na música folk irlandesa, a súa música tamén recibiu a influencia doutros tipos de world music, como o reggae, o tango, a música cajun, música portuguesa ou música francocanadense. No seu sinxelo chamado "What You Make It (da, da, da, da)" tamén hai colaboración da música hip hop. Durante unha tempada estivo activa na banda de folk rock The Waterboys.
Desde a década de 1990 participou en numerosos festivais en Galiza, como o festival celta Cidade Vella de Santiago de Compostela, diversas edicións do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira ou na romaría de Santa Margarida na Coruña.[2][3] Colaborou con Carlos Núñez na peza "A costa de Galicia".[4][5]
Discografía
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas