A selección de fútbol de Libia (árabe: منتخب ليبيا لكرة القدم) é o equipo representativo de Libia nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Federación Libia de Fútbol (الاتحاد الليبي لكرة القدم), pertencente á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á FIFA. O seu maior logro foi o subcampionato da Copa de África de Nacións de 1982, onde perderon na final ante Ghana nos penaltis após empataren 1–1.
Véxase tamén
Ligazóns externas