A selección de fútbol do Congo (en francés: Équipe nationale de football du Congo) é o equipo representativo da República do Congo nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Federación Congolesa de Fútbol (Fédération Congolaise de Football), pertencente á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á FIFA. O seu maior logro foi o título da Copa de África de Nacións de 1972, conseguido após venceren na final a Malí por 3−2 con goles de Jean-Michel M'Bono (2) e François M'Pelé.
Véxase tamén
Ligazóns externas