Segundo Vilaboy Martínez

Modelo:BiografíaSegundo Vilaboy Martínez
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de decembro de 1947 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, garrote Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, obreiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 8593

Segundo Vilaboy Martínez, nado en Ferrol o 28 de novembro de 1918 e finado na mesma cidade o 19 de decembro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Traballador dos estaleiros de Ferrol. A través de Manuel Blanco Bueno, dirixente do Comité Rexional do Partido Comunista, contactou con Benigno Fraga Pita e Carlos Allegue Caruncho cos que formou o Comité Local do PCE, do que era secretario político. Participou, canda aos seus irmáns, na coñecida como folga do aceite nos estaleiros. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en setembro de 1948 encartado na causa 36/46 xunto con Diego Romero Jiménez, Benigno Fraga Pita, Carlos Allegue Caruncho, Antonio Tenreiro Leira, Adolfo Allegue Allegue e Jesús Calvo García.[1]

Fuxiu á guerrilla o 31 de xaneiro de 1947 incorporándose ao destacamento Manuel Eive da IV Agrupación Pasionaria do Exército Guerrilleiro de Galicia. O 26 de maio foi capturado pola Garda Civil despois dun tiroteo na coñecida como “Casa de Delfino”, preto do río Belelle, en Taboado, na parroquia de Sillobre. Resultou gravemente ferido. Foi trasladado ao Hospital da Mariña en estado moi grave. Permaneceu no hospital até o 8 de agosto, que ingresou na cadea de Ferrol. Foi torturado e paseado pola Garda Civil durante días polos distintos lugares da comarca para que delatase os seus camaradas, cousa que non conseguiron. Sometido a consello de guerra sumarísimo o 30 de outubro, foi condenado a pena de morte e axustizado a garrote no cárcere de Caranza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas