As razóns deste tipo de emisións non están claras, xa que dificultaban notablemente o proceso de fabricación ao esixir unha dobre cuñaxe, aínda que se apunta que podería deberse a facilitar o seu empillamento e, xa que logo, o seu transporte a diversos lugares do Imperio.[2][3][4][5][6]
O uso desta denominación xeneralizouse ao longo do século XIX, aínda que xa se documenta en documentos do sur de Italiados séculos XI e XII, como unha bula de Inocencio II (1130-1143). Canto á súa etimoloxía, debátese se a súa orixe está no gregoσκύφος (skyphos "escudela", "cunca") ou no vocábulo árabeshafah ("canto, bordo"), que faría referencia ao característico e sobresaínte bordo dos primeiros exemplares de histamenon de ouro.[7][8]
Unha denominación alternativa, tamén amplamente utilizada para este tipo de moedas do Imperio Bizantino, é trachy (plural τραχέα, trachea), co significado de "áspero" ou "desigual" e con orixe na expresión grega νόμισμα τραχύ (nómisma trachý), e que adoita aparecer asociada ao nome dalgunha destas moedas, como é o caso do hyperpyron trachy, o aspron trachy, etc.[9][10][11]