Sarah Joanne Storey, nada como Bailey en Manchester[1] o 26 de outubro de 1977, é unha ciclista e nadadora paralímpica británica. É a gañadora de múltiples medallas de ouro nos Xogos Paralímpicos en ámbolos dous deportes, ademais de ser campioa nacional británica (2 × Pursuit, 1 × Puntos, 3 × Equipo). As súas catorce medallas de ouro convértena na máis exitosa deportista feminina paralímpica británica de tódolos tempos.
O meirande logro de Storey é ser campioa do mundo vinte e nove veces (6 delas en natación e 23 en ciclismo), campioa de Europa vinte e unha veces (18 delas en natación e 3 en ciclismo) e por ter 75 récords do mundo.[2]
Traxectoria
Storey naceu como Sarah Bailey en Manchester[1] coa man dereita non funcional logo de que o seu brazo se enredase co cordón umbilical mentres estaba no útero materno, polo que a súa man non chegou a desenvolverse con normalidade.[3] En 2007, casou co piloto de tándem pilot e adestrador Barney Storey.[4] Storey deu a luz á súa filla, Louisa Marie, o 30 de xuño de 2013.[5] En abril de 2017, anunciouse que Storey estaba esperando o seu segundo fillo, que recibiu o nome de Charlie John.[6]
Ela e o seu marido viven en Disley, Cheshire.[7][1]
Notas