Santiago Durán y Lira, nado na illa de San Simón (Redondela) en 1818 e finado en Manila (Filipinas) en 1881, foi un militar e político galego.
Traxectoria
Fillo de mariño, ingresou na Real Armada Española como gardamariña no ano 1834. No 1841 foi destinado á Habana como axudante de derrota e profesor dos gardamariñas, permanecendo alí ata 1848. Regresou á península en 1851 onde continuou coa usa carreira na Armada ao mando de diferentes buques.
No 1868 foi nomeado Comandante de Mariña na provincia de Barcelona, ata que no 1869 foi ascendido a contraalmirante, sendo nomeado Comandante Xeneral interino de Ferrol. Ocupou a carteira de Ministro de Mariña no 1875 e máis tarde entre 1879 e 1881 no goberno de Cánovas del Castillo. Ao deixar o ministerio, o rei Afonso XII nomeouno membro do Conselleiro de Estado.
O seu último destino foi nas illas Filipinas, onde exerceu como Comandante Xeneral do Apostadeiro das Illas Filipinas.
Distincións
Véxase tamén
Ligazóns externas