O Salón Internacional de Banda Deseñada de Barcelona ou en catalán Saló Internacional del Còmic de Barcelona é unha reunión anual de autores, editores e lectores de banda deseñada organizada por FICOMIC. Celébrase na cidade de Barcelona desde 1981 e constitúe unha importante referencia no panorama estatal da BD.
Premios
Os premios do Salón concédenselles ás obras máis destacadas, nas diferentes categorías, coa condición de que foran editadas en España durante o ano anterior ao da realización do Salón. A única excepción é o Gran Premi del Saló, concedido a un autor destacado no mundo da banda deseñada, polo conxunto da súa obra.
Os premios máis importantes son:
- Premio á Mellor Obra: para BDs en español publicadas durante o ano anterior.
- Premio ao Mellor Guión: comezou a concederse en 1995.
- Premio "Josep Toutain" ao Autor Revelación.
- Premio á Mellor Obra Estranxeira publicada en España.
- Premio ao Mellor Fanzine.
- Premio á Mellor Revista de ou sobre cómics.
Palmarés
Gran Premi del Saló
Mellor obra
Mellor guión
- 1995 - Perico Carambola, de Ignacio Vidal-Folch.
- 1996 - La parejita, de Manel Fontdevila.
- 1997 - El artefacto perverso, de Felipe Hernández Cava.
- 1998 - Nosotros somos los muertos, de Max.
- 1999 - Lope de Aguirre. La expiación, de Felipe Hernández Cava.
- 2000 - Paracuellos, de Carlos Giménez.
- 2001 - Tabú, de Jorge Zentner.
- 2002 - El hombre con miedo, de Hernán Migoya.
- 2003 - Atravesado por la flecha, de Luis Durán.
- 2004 - Antoine de las tormentas, de Luis Durán.
- 2005 - La mansión de los Pampín, de Miguelanxo Prado.
- 2006 - Carlitos Fax, de Albert Monteys.
- 2007 - Bardín el superrealista, de Max
Premio Josep Toutain (Autor revelación)
Mellor obra estranxeira publicada en España
Mellor fanzine de ou sobre BD
Véxase tamén