SVG (do inglésScalable Vector Graphics, "Gráficos Vectoriais Escalábeis") é unha linguaxeXML que describe gráficos vectoriais bidimensionais, tanto estáticos como animados. Unha das características principais dos gráficos vectoriais é que non perden calidade ao seren ampliados. A grande diferenza entre o SVG e outros formatos vectoriais é que se trata dun estándar aberto creado polo Consorcio da Rede Mundial.
A creación deste formato baseouse noutros xa existentes e que inclúen CSS, DOM, JPEG, PNG, SMIL e XML.
Descrición
O formato SVG permite tres tipos de obxectos gráficos:
Formas xeométricas vectoriais (isto é, liñas e curvas descritas matematicamente, ao contrario das imaxes de mapas de bits, que están compostas por píxeles.
Imaxes de mapas de bits.
Texto
As imaxes en formato SVG poden ser comprimidas en gzip sen perda de datos, dado que o XML contén moitos datos redundantes, sendo mesmo así que o formato SVG é habitualmente menor que a versión en mapa de bits.