O nome Telje aparece mencionado durante o século XI. Para resolver o conflito provocado con outra poboación que foi fundada ao norte de Estocolmo durante o século XVII, engadíuselle Söder (sur), xurdindo deste modo Södertälje; á outra poboación recibiu o Norr (norte), xurdindo así Norrtälje.
Durante o século XVIII Södertälje recibiu unha foro. Debido á Gran Guerra do Norte e a unha serie de pragas, a poboación viuse reducida ás 200 persoas.
Demografía
A poboación en 2010 era de 64.619 habitantes. Sendo a décimo sexta poboación por número de habitantes en Suecia.[1]
Södertälje é un importante nó ferroviario e de autoestradas, ademais do peirao da Canle de Södertälje.
Autoestrada E4
A Autoestrada E20
Liña de Svealand
Liña do Oeste
Liña Nyköping
Canle de Södertälje
Economía
Södertälje é o lugar no que se fabrican os autobuses e camións da marca Scania AB. Tamén é a sede da farmacéutica AstraZeneca[2]. O grupo Volkswagen ten a súa central en Suecia tamén nesta localidade.