Rosa Maria Sardà Tàmaro, nada en Barcelona o 30 de xullo de 1941 e finada en Barcelona o 11 de xuño de 2020, foi unha actriz, humorista, presentadora e directora teatral catalá. Comezou como actriz cómica, rexistro que nos últimos anos combinou co de intérprete dramática en castelán e en catalán.
Traxectoria
Rosa Maria pertence a unha familia de persoas do espectáculo: estivo casada co tamén actor Josep Maria Mainat, membro do trío cómico La Trinca, e é irmá máis vella do xornalista Xavier Sardà.[1] Ten tres irmáns máis novos, un deles, faleceu por causa da sida nos anos 1980.[2] Ten un fillo actor, Pol Mainat,[3] co que coincidiu en Abuela de verano.
De formación autodidacta, empezou a facer teatro de afeccionados no barrio de Horta. En 1962 pasou ao teatro profesional, á compañía de Dora Santacreu e Carlos Lucena, coa obra Cena de matrimonios, de Alfonso Paso e, desta mesma compañía, pasou á de Alejandro Ulloa e, posteriormente, tamén á de Pau Garsaball, coa obra En Baldiri de la Costa.
Con posterioridad, deu o salto no campo televisivo (en 1975, protagoniza Una vella, coneguda olor, baseada na obra de Josep Maria Benet, e 1979 presenta o programa Festa amb Rosa Maria Sardà) e o cinematográfico (con El vicario de Olot, de Ventura Pons).
Salientou no cinema nos últimos anos da década de 1980, época na que participou en filmes como Moros y cristianos (1987), de Luis García Berlanga,[1] e en programas para televisión en España como Olé tus vídeos e Ahí te quiero ver, onde ademais de presentar, elaborou e supervisou os guións e dirixiu e interpretou os diferentes sketchs,[4] e fixo o seu debut como directora de teatro con Ai carai! (1989), comedia do dramaturgo Josep Maria Benet.[5]
Na década de 1990 traballou con Fernando Colomo en El efecto mariposa, con Ventura Pons en Carécies e Amic/Amat, con Francesc Betriu en La duquesa roja e con Fernando Trueba en La niña de tus ojos, sendo candidata ao Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria, premio que gañaría dúas veces por ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo?, de Manuel Gómez Pereira, e Sin vergüenza, de Joaquín Oristrell.[6]
Ademais, ten sido mestra de cerimonias dos Premios Goya en tres ocasións, en 1993, 1998 e 2001 e reapareceu como presentadora ao final da Gala de 2009 e 2010.
Nos últimos anos a súa carreira ten estado máis ligada ao teatro, onde salientan varios papeis como o da doutora Vivan Bearing en Wit (2004), de Margaret Edson e n'A casa de Bernarda Alba (2009), de Federico García Lorca, interpretando o papel de Poncia xunto a Núria Espert.
Con todo, seguiu participando en filmes tan recoñecidos como Todo sobre mi madre (1999) de Pedro Almodóvar, Te doy mis ojos (2003) de Icíar Bollaín e Ocho apellidos catalanes (2015) de Emilio Martínez-Lázaro.
Filmografía
Cinema
Teatro
Lista incompleta[7]
Televisión
- El coleccionista de ruidos, do espazo Novela (1969)
- La mujer del cementerio, do espazo Escritores en televisión (1971)
- La segunda receta, do espazo Sospecha (1973)
- El castillo de Merret, do espazo Ficciones (1973)
- La nariz, do espazo Ficciones (1973)
- El castillo de Rackrent, do espazo Ficciones (1974)
- Dinero del purgatorio, do espazo Original (1975)
- La esfinge furiosa, do espazo Teatro estudio (1978)
- La dama de las camelias, do espazo Estudio 1 (1978)
- Prohibido suicidarse en primavera, do espazo Estudio 1 (1981)
- La noche de los cien pájaros, do espazo Estudio 1 (1981)
- Ahí te quiero ver (1984)
- Olé tus vídeos (1991)
- Villa Rosaura (1994)
- Las amargas lágrimas de Petra von Kant, do espazo Estudio 1 (2001)
- Una pareja abierta, do espazo Estudio 1 (2002)
- Majoria absoluta (2004)
- Abuela de verano (2005)
- Dues dones divines (2011)
Premios e candidaturas
- Premios Goya
- Premios Fotogramas de Prata
- Premios da Unión de Actores
- Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
Ano |
Categoría |
Filme |
Resultado |
Ref.
|
2001 |
Mellor actriz secundaria |
Sin vergüenza |
Candidata |
[8]
|
- Premios da Academia da Televisión de España
- Premios TP de Ouro
- Premios Butaca
- Premios Max
- Premios do Cinema Europeo
- Festival do Cinema de España de Tolosa
- Outros premios e candidaturas
- Premios pola súa traxectoria
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Rosa María Sardá, Premio Málaga SUR del Festival de Cine". Diario Sur. 5 de marzo de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2010.
- ↑ EYRE, Pilar (20 de xaneiro de 2002). "Éste es el tercer Sardá". El Mundo. Consultado o 18 de xuño de 2010.
- ↑ «Ficha de Pol Mainat en IMDB»
- ↑ MASCORT, Cuca (2 de decembro de 1986). "Rosa María Sardà prepara nuevos programas de Ahí te quiero ver". El País. Consultado o 18 de xuño de 2010.
- ↑ ANTÓN, Jacinto (3 de ocuubro de 1989). "Rosa María Sardà". El País. Consultado o 18 de xuño de 2010.
- ↑ 6,0 6,1 "Premios Goya: protagonistas - Rosa Maria Sardà". Fotogramas. Consultado o 18 de xuño de 2010.
- ↑ «Lista completa de obras de teatro interpretadas por Rosa Maria Sardà.»
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 "Awards for Rosa Maria Sardà". Internet Movie Database. Consultado o 20 de xuño de 2010.
- ↑ "XI Edición PREMIOS 2001". Unión de Actores. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de xuño de 2010.
- ↑ "Manuel Alexandre, Carmelo Gómez y Adriana Ozores optan entre otros a los XV Premios Unión de Actores". El Mundo. 30 de marzo de 2006. Consultado o 18 de xuño de 2010.
- ↑ "XIX Gala de Premios Unión de Actores". Unión de Actores. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2010.
- ↑ "Premios Max - Palmarés". Premios Max. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2010.
- ↑ "Ganadores de la 13ª EDICIÓN (2010) de los Premios Max de las artes escénicas". Premios Max. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2015.
- ↑ Palmarés del Festival Cinespaña 2010 Arquivado 16 de maio de 2016 en Wayback Machine.: en conxunto con Pilar Bardem, María Barranco, Sonsoles Benedicto e Mariana Cordero.
- ↑ R. M. (3 de xuño de 2001). "Anita no pierde el tren, triunfadora en Peñíscola". ABC. Consultado o 20 de xuño de 2010.
- ↑ «La actriz Rosa Maria Sardà recibe esta noche el Premio Málaga»
- ↑ "Medalla de Oro para Rosa María Sardá". El País. 8 de xullo de 2010. Consultado o 8 de xullo de 2010.
- ↑ «Rosa María Sarda, Miguel Rellán y María Pagés, galardonados por la AISGE Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine.»