El viaje de Carol é un filme español dirixido por Imanol Uribe que se estreou no 2002.
Sinopse
Carol (Clara Lago), unha adolescente de nai española e pai norteamericano, viaxa por primeira vez a España coa súa nai (María Barranco) en 1938. O seu pai, a quen adora, é piloto das Brigadas Internacionais. Cando chega á vila materna, atópase cunha familia que, ademais de vivir baixo o xugo dos convencionalismos, agocha moitos segredos. Pero Carol, de carácter rebelde, oponse á rixidez dese mundo que lle resulta alleo. A complicidade con Maruja (Rosa María Sardá), a sabedoría do seu avó (Álvaro de Luna) e o seu amor por Tomiche (Juan José Ballesta) abriranlle as portas a un universo de sentimentos adultos.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas