Román Raña
Román Raña Lama, nado en Vigo o 8 de febreiro de 1960, é un escritor e crítico literario galego.
Traxectoria
Doutor en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, exercendo como catedrático de Lingua Galega e Literatura no IES do Castro en Vigo. Colaborou en Faro de Vigo, A Nosa Terra, Grial ou Luzes de Galiza. Deuse a coñecer ao ser premiado na V edición do Premio Modesto R. Figueiredo o seu relato Botella Náufraga.
Forma parte da vaga de escritores galegos agrupados na Xeración dos 80.
Obra
Poesía
- Retrato de sombra en outono, 1980, Edicións do Cerne.
- Nas areias doutro mar, 1984, Concello de Ourense.
- Extramuros da noite, 1985, Sociedad de Cultura Valle-Inclán.
- Da muda primavera, 1988. Sociedad de Cultura Valle-Inclán.[1]
- Ningún camiño, 1997, Galaxia.
- Eloxio da desorde, 2002, Deputación da Coruña.
- As metamorfoses do túnel, 2005, PEN Clube de Galicia.
- Zen invernos, 2005.
- O incendio das palabras, 2009, Espiral Maior.
Narrativa
Ensaio
- A vixília no Gólgota infinito (As liñas temáticas en 'Lanza de soledá'), 1994, Fundación Caixa Galicia.
- Manual e escolma do Rexurdimento, 1995, Sotelo Blanco.
- A Noite nas palabras: unha aproximación á poesía galega de posguerra, 1996, Sotelo Blanco.
Obras colectivas
- Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo, 1980, Ediciós do Castro.
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Nun cuarto para agardar e outras historias, 1985, Ediciós do Castro.
- Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
- Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Ediciós do Castro.
- Longa lingua, 2002, Xerais.
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
- Pel con pel, 2010, Galaxia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.[2]
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
Edicións
- De catro a catro e outros textos, de Manuel Antonio, 1989, Xerais.
- Mesteres, de Arcadio López-Casanova, 1999, Xerais.
- Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro, 2001, Galaxia.
- Poesía galega toda, de Xosé Carlos Gómez Alfaro, 2009, PEN Clube de Galicia.
Premios
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo en 1979, por Botella Náufraga.
- Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1980, por Retrato de sombra en outono.
- Premio Cidade da Coruña en 1981, por Illa de eternidade, libro inédito.
- Premio de poesía Cidade de Ourense en 1984, con Nas areias doutro mar.
- Premio ex aequo do Premio Modesto R. Figueiredo en 1984, con O último hexagrama.
- Premio Esquío de poesía en 1987, con Da muda primavera.
- Premio Blanco Amor en 1989, por O crime da rúa da Moeda Vella.
- Premio Literario Ánxel Fole en 1994, por A vixília no Gólgota infinito.
- Premio de poesía Martín Codax en 1997, por Ningún camiño.
- Premio de poesía Miguel González Garcés en 2002, por Eloxio da desorde.
- Premio de poesía Caixanova en 2004, por As metamorfoses do túnel.
- Premio da Crítica española en 2005, por As metamorfoses do túnel.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|